Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Dumbría e Sofán enfrotaranse nos dezaseisavos dunha Copa da Costa que adianta a súa final ao penultimo fin de semana de maio

Na Copa da Costa feminina, a Esteirana pasa directamente a cuartos, a final xogarase en Santa Comba o 7 de Xuño

Dumbría acolleu na tarde deste mércores o sorteo da Copa da Costa, a masculina chega á edición 61ª, metres que a feminina disputara a 6ª.

O inicio da competición masculina será o sete de decembro cos tres partidos da xornada previa, Buño-Malpica, Corcubión- Sp. Zas e Cerqueda-Ponteceso. A seguinte cita será xa no 2026, en plena época de Nadal, o catro de xaneiro disputaranse os dezaseisavos de final onde destaca o encontro entre dous favoritos, o actual campión o Dumbría e o Sofán que milita na preferente.

Hai dúas novidades nesta edición do torneo, a primeira é que as finais masculina e feminina non serán o mesmo día nin no mesmo campo e a segunda, que xa se coñecen as sedes dende o inicio da competición. A Final masculina será no campo municipal de Vimianzo o Irmandiño e disputarase o 23 ou 24 de maio. A final feminina será o 7 de xuño na Fontenla de Santa Comba.

A Copa feminina comezará o catro de xaneiro, conha xornada previa na que haberá sete encontros, as campionas, Dumbría, xogarán contra o Soneira. Outro dos encontros enfrontará a As Miudas e Muxía, as gañadoras dese partido xa coñecen ás súas rivais en cuartos, a Esteirana, que se viron favorecidas no sorteo e aforran unha eliminatoria de cara á Final da Fontenla.

O acto do sorteo servíu tamén para homenaxear a Manuel Vecino, histórico presidente do Coristanco e Juan Villamisar, vicepresidente da Federación, ambos falecidos este ano.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir