Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Unanimidade no Parlamento para "axilizar todos os trámites necesarios" e poñer en marcha o servizo oncohematolóxico no Hospital de Cee en novembro

A iniciativa do BNG favorecerá á maioría de usuarios que xa non terán que desprazarse ata A Coruña, os nacionalistas tamén reclamaron melloras en psiquiatría, neuroloxía e urxencias 24 horas

Hospital Cee / SERGAS

Hospital Cee

O deputado do BNG, Óscar Insua, levou ao Parlamento galego unha Proposición Non de Lei para reclamar a posta en funcionamento inmediata do servizo oncohematolóxico no Hospital Comarcal da Costa da Morte. A reclamación obtivo o apoio unánime da cámara.

A pesar de que as obras e o equipamento xa están rematados e o hospital conta con instalacións adaptadas, o servizo aínda non funciona completamente. Insua lamentou que os pacientes teñen que desprazarse á Coruña para recibir tratamentos oncolóxicos, situación que definiu como unha "falta de dignidade" para a comarca que paga os mesmos impostos que calquera outra zona urbanizada. O nacionalista presentou unha emenda para instar á Xunta a axilizar todos os trámites e pór en funcionamento o servizo neste mes de novembro, ademais de reclamar a implantación dalgunhas especialidades médicas como psiquiatría, neuroloxía, e urxencias 24 horas, para transformar o hospital nun centro de primeira categoría.

Pola súa banda, o Grupo Popular destacou que o Hospital de Día oncohematolóxico de Cee xa está operando parcialmente, con catro postos funcionais supervisados polo Servizo de Oncoloxía da Coruña. Segundo a portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo, este servizo vai lograr que o 60% dos pacientes oncolóxicos da Costa da Morte eviten desprazarse á Coruña para tratamentos e seguimentos. O PP resaltou o investimento de 88.500 euros en obras e equipamento e anunciou que nos orzamentos do próximo ano se reservan 326.000 euros para adquirir un novo mamógrafo, aumentando así a capacidade asistencial do hospital.

O BNG continúa denunciando atrasos e a falta de funcionamento pleno do servizo, e reivindica un compromiso real e efectivo para garantir unha atención sanitaria en igualdade para a veciñanza da Costa da Morte, achegando a especialización e os tratamentos necesarios sen depender dos desprazamentos a outros centros

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir