Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A maxia do Nadal inunda Redondela

O III Ciclo Infantil Interparroquial levará 13 espectáculos a todas as aldeas do municipio

Nadal interparroquial en Redondela

Nadal interparroquial en Redondela

O Concello de Redondela pon en marcha a súa programación para o Nadal 2025/2026, destacando a expansión do III Ciclo Infantil Interparroquial, que por primeira vez visitará as trece parroquias do municipio con trece espectáculos de balde e en galego. O programa arranca oficialmente co acendido das luces este sábado, 29 de novembro.

A rexedora local, Digna Rivas, subliñou que para o Goberno é unha prioridade "achegar a programación cultural e a maxia do Nadal a todos os veciños e veciñas". Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, destacou que o obxectivo é levar "actividades culturais de calidade e en galego ao longo das vacacións escolares de Nadal".

Espectáculos de balde

O eixo central da programación é o III Ciclo Infantil Interparroquial de Nadal, que se desenvolverá entre o 19 de decembro e o 4 de xaneiro. Todas as funcións serán con entrada de balde e comezarán ás 18:00 horas.

Entre os artistas e compañías confirmadas para esta edición atópanse recoñecidos nomes da escena galega:

  • As Tareixas (19 de decembro en Ventosela)
  • Son Animal, con Paco Nogueiras (21 de decembro en Cesantes)
  • Fantoches Baj co seu Castiñeiro do Apalpador (22 de decembro no Viso)
  • Peter Punk (23 de decembro en Saxamonde)
  • Títeres Alakran con Barriga Verde (27 de decembro en Cedeira)
  • Cê Orquestra Pantasma (28 de decembro no Multiúsos da Xunqueira)
  • Tanxarina Titiricircus (2 de xaneiro en Cabeiro)
  • Pakolas (3 de xaneiro en Vilar de Infesta)

A clausura do ciclo será o 4 de xaneiro coa familia máis coñecida de Galicia: Os Bolechas, no Multiúsos de Chapela.

Actividades destacadas

A programación compleméntase cunha serie de eventos que farán de Redondela un referente cultural neste Nadal:

  • Acendido do Nadal: Dará comezo este sábado, 29 de novembro, cun pasarrúas dende a Praza de Ribadavia e un gran espectáculo. A iluminación estenderase por todas as parroquias.
  • Teatro Adulto: Continúa o Ciclo de Teatro Mestra Paulina con Desexo de Talía Teatro (30 de novembro) e Sophie de Redrum Teatro (13 de decembro), ambos de balde no Multiúsos da Xunqueira
  • Concerto Solidario: O Multiúsos da Xunqueira acollerá o 27 de decembro o Concerto Benéfico a favor de Cáritas
  • Festa Pre Fin de Ano: O 30 de decembro, a partir das 21:00 horas, celebrarase a tradicional Festa Pre Fin de Ano no Campo da Feira de Redondela
  • Festivais de Panxoliñas e Canto Tradicional: O 3 e 4 de xaneiro o Multiúsos da Xunqueira será o escenario destes festivais

Finalmente, a visita de Papá Noel estará dispoñible na Alameda de Castelao e na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela en diferentes datas de decembro.

A Cabalgata dos Reis Magos pechará a programación o 5 de xaneiro, cun percorrido polas rúas de Redondela e Chapela ás 18:00 horas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir