Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ana Pontón reclama 7 millóns de inversión da Xunta en Carballo

A inversión na circunvalación e o centro de saúde, prioridades para os nacionalistas

Carballo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou este luns o “impulso renovado” de Carballo tras unha visita institucional ao Concello, onde eloxiou o traballo do goberno municipal encabezado por Daniel Pérez. Pontón salientou que o Executivo local “está a tope de proxectos” para seguir mellorando a vila e reforzar o “orgullo de pertencencia”.

A líder nacionalista puxo en valor os investimentos previstos en infraestruturas, servizos, cultura e lingua, que cualificou de “millonarios” e orientados a mellorar a calidade de vida, fortalecer a cohesión social e impulsar o desenvolvemento económico. Destacou tamén a “transición modélica” tras a chegada de Pérez á Alcaldía.

Pontón reclamou máis implicación da Xunta e criticou a falta de ambición do Goberno galego en proxectos clave. Como prioridade, reclamou unha partida de cinco millóns de euros nos Orzamentos para a circunvalación de Carballo, unha infraestrutura que considera “imprescindible” e “avalada polo consenso social e empresarial”. A eses cinco millóns engadirá a petición doutros dous para a construción do novo centro de saúde. Un centro de saúde o de Carballo, que considera Pontón "é a única vila galega de máis de 30.000 habitantes cun só centro". O BNG presentará unha emenda para garantir a obra, facilitada polo feito de que o Concello xa cedeu os terreos e ten lista a urbanización.

Pontón advertiu que “non valen escusas” nun momento no que a atención primaria pasa por “circunstancias moi difíciles” e subliñou que o actual centro resulta “claramente insuficiente”.

A portavoz concluíu destacando a “enerxía e capacidade de transformación” do goberno local e asegurou que Carballo é “un referente” entre os concellos gobernados polo BNG.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir