Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

'Desfeita', 'foliada', 'loia', 'lume', 'retrinco' e 'xenocidio', finalistas á Palabra do Ano 2025 da RAG

O prazo de votación estará aberto ata o domingo 21 de decembro

Santiago de Compostela

Xa coñecemos as cinco palabras finalistas para convertirse na Palabra do ano 2025, a iniciativa impulsado pola Real Academia Galega: desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio foron as escollidas para esta fase que comeza hoxe e estará aberta ata o domingo 21 de decembro ata as 23:59 horas na páxina web do Portal das Palabras.

  • Desfeita: segundo define a RAG é "un grave dano, destrución ou estrago" e ten unha segunda acepción que é "unha operación de partir unha res en anacos, despois da mata".
  • Foliada: pode ser un substantivo, unha "reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar" ou unha "diversión buliciosa en que participa un grupo de persoas", ou un adxectivo, en cuxo caso refírese a algo que ten follas.
  • Loia: un "rumor que se vai contando como segredo" ou ben unha "loanza enganosa".
  • Retrincos: é "cada un dos anacos que sobran dunha cousa despois de cortala, en especial dunha tea cando se vai confeccionar unha peza de roupa" e tamén un "espazo moi breve de tempo". Unha palabra que remite a Alfonso Castelao, que empleou este termo en plural para titular o libro de relatos que publicou por primeira vez no ano 1934.
  • Lume: unha das palabras máis empregadas este ano cos incendios forestais máis graves da historia de Galicia.
  • Xenocidio: o outro termo de actualidade que chega á fase final, referido á actuación do goberno de Israel coa poboación de Palestina. Dacordo coa RAG, un xenocidio é a "exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos".
Iñigo Caínzos

Iñigo Caínzos

Redactor en Radio Galicia desde abril de 2019. Graduado en Administración y Dirección de Empresas y...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir