“Se XEAL pagase licenza de obra teríamos un millón máis, pero como é un proxecto estratéxico está exento. Nos cun millón de Euros seríamos os reis do mambo”
Raúl González estivo no Pleno Aberto de Radio Nordés, falou da economía municipal, de proxectos en marcha, do prezo da vivenda e doutros asuntos da actualidade municipal
Pleno Aberto do Concello de Dumbría con Raúl González
O alcalde de Dumbría, Raúl González, empeza facendo unha valoración positiva do tempo que leva como alcalde, pero non quere ser conformista e asegura que hai marxe de mellora.
Entre os proxectos que están en marcha, destaca o PAI, Punto de Atención á Infancia, de Berdeogas, espera poder rematalo antes de acabar o mandato. Respecto ao saneamento de Olveiroa, o alcalde conta con que estea funcionando o vindeiro verán. Unha obra duns 300.000€ de investimento. Recordou que as obras da estrada entre Hospital e Brens vai retomarse pronto.
González amosa a súa satisfacción coa situación económica municipal, sen débeda cos bancos, con unha importante cantidade de remanente e espera continuar cae sen cobrar taxas. En xaneiro levará a pleno o novo orzamento.
O alcalde critica que obras tan importantes como a nova planta de carbón vexetal de XEAL estean exentas do pago de licenza de obra.
Destaca tamén o alcalde o Servizo de Axuda no Fogar SAF, un dos máis baratos da zona e que ofrece directamente o municipio sen convenios con empresas externas. Neste momento dispoñen de 3 Casas do Maior.
Ao igual que outros concellos, o acceso á vivenda é un problema para fixar poboación, a localidade máis cara do concello é O Ézaro. Nesta localidade dispoñen dunhas 200 camas para uso turístico.
Un proxecto que non rematará neste mandato é o PXOM, necesario para regular a proliferación de Vivendas de uso turístico.