Évame Oroza acolle o "Vigo Acendido", un convite ao recollemento "lonxe do ruido do Nadal"
A cita será o venres 5 de decembro, ás 18h30

"Vigo acendido", na Évame Oroza

A cidade de Vigo acenderase este venres, 5 de decembro, ás 18:30 horas, cunha proposta diferente para vivir o inverno e o Nadal. A Asociación Évame Oroza será a anfitrioa da inauguración de "Altares da Cidade", un proxecto que forma parte da iniciativa colectiva "Vigo Acendido".
"Vigo Acendido" é unha rede de altares colectivos espallados por diferentes espazos culturais, librarías, asociacións e cafés da cidade, co obxectivo de recuperar o sentido simbólico e comunitario do inverno. A proposta busca crear pequenos lugares de recollemento e conexión, afastados do "ruído, do consumo e da espectacularización do espazo público".
Un altar "para soltar e invocar"
O altar colectivo acollido por Évame Oroza invita á cidadanía a crear "pequenos espazos de pausa e sentido no corazón do inverno".
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarNo altar, as persoas poderán deixar unha palabra, un poema, ou un pequeno obxecto, podendo acompañalo dunha nota explicativa. Trátase dun xesto simbólico, un espazo para ofrecer:
- Algo que se queira soltar
- Algo que se queira invocar
- Un desexo para o novo ciclo que vai "das sombras cara a luz"
Con esta acción comeza "unha conversa sen palabras entre as xentes da cidade". A cita é este venres, 5 de decembro, ás 18:30 horas.




