Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Évame Oroza acolle o "Vigo Acendido", un convite ao recollemento "lonxe do ruido do Nadal"

A cita será o venres 5 de decembro, ás 18h30

"Vigo acendido", na Évame Oroza

"Vigo acendido", na Évame Oroza

A cidade de Vigo acenderase este venres, 5 de decembro, ás 18:30 horas, cunha proposta diferente para vivir o inverno e o Nadal. A Asociación Évame Oroza será a anfitrioa da inauguración de "Altares da Cidade", un proxecto que forma parte da iniciativa colectiva "Vigo Acendido".

"Vigo Acendido" é unha rede de altares colectivos espallados por diferentes espazos culturais, librarías, asociacións e cafés da cidade, co obxectivo de recuperar o sentido simbólico e comunitario do inverno. A proposta busca crear pequenos lugares de recollemento e conexión, afastados do "ruído, do consumo e da espectacularización do espazo público".

Un altar "para soltar e invocar"

O altar colectivo acollido por Évame Oroza invita á cidadanía a crear "pequenos espazos de pausa e sentido no corazón do inverno".

No altar, as persoas poderán deixar unha palabra, un poema, ou un pequeno obxecto, podendo acompañalo dunha nota explicativa. Trátase dun xesto simbólico, un espazo para ofrecer:

  • Algo que se queira soltar
  • Algo que se queira invocar
  • Un desexo para o novo ciclo que vai "das sombras cara a luz"

Con esta acción comeza "unha conversa sen palabras entre as xentes da cidade". A cita é este venres, 5 de decembro, ás 18:30 horas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir