Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Garda Civil detén en Carballo a cinco persoas dun grupo especializado no roubo de motocicletas

Investigan a outros tres individuos no marco da Operación Escapa2

Carballo

A Garda Civil desarticulou un grupo especializado no roubo de motocicletas de cross e enduro dentro da que denominaron Operación Escapa2.

A orixe do operativo está no pasado mes de xuño, logo da presentación de tres denuncias nas que o modus operandi da banda era similar. Contactaban coas vítimas logo de que estas ofertasen as súas motos nun portal de compra-venta de segunda man en internet. Logo de establecer comunicación cos perxudicados, acordaban o prezo da operación e quedaban en Carballo para pechar a venta. Unha vez alí, solicitaban facer unha proba para verificar o estado da moto, abandoando o lugar se entregar os cartos acordados. Os axentes constataron que logo de ter quedado nun punto calquera da vila carballesa, os presuntos compradores modificaban a cita a última hora para trasladala a unha zona próxima ao Monte do Carme. Habitualmente, cando os ladróns se daban á fuga, se o propietario iniciaba a persecución e accedía á zona de Monte do Carme, sempre atopaban a algún residente que se ofrecía a axudar a recuperar o vehículo a cambio dunha cantidade que oscilaban entre os 600 e 1500 euros.

A Benemérita procedeu á detención de cinco membros da banda como supostos autores de delitos de estafa, extorsión e pertenza a grupo criminal.

Falsificación

Ademáis, nas últimas horas, axentes do Seprona de Arteixo investigaron a un varón veciño de Carballo como presunto autor dun delito de falsificación de documento público. O individuo tería desempeñado o cargo de xefe de batidas do xabarín nun Tecor, incluindo nos listados da batida a dúas persoas que non terían asistidos ás mesmas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir