Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O detido por raiar coches en Cee, en liberdade con cargos

A Garda Civil levaba semanas estreitando o cerco para deter ao delincuente en plena acción

A praza do Concello, un dos escenarios onde o presunto autor actuaba con máis asiduidade / Cedida

A praza do Concello, un dos escenarios onde o presunto autor actuaba con máis asiduidade

Cee

A veciñanza respirou aliviada onte cando se coñeceu que o autor dos raiazos a deceas de coches fora detido. O autor dos actos vandálicos é un varón, duns 60 anos, residente en Miñóns (Dumbría) e que ten traballado no servizo da recollida do lixo en Fisterra. Onte foi detido en plena acción en Cee e pouco despois pasou a disposición xudicial, onde quedou en liberdade con cargos.

A detención deste individuo fai que a veciñanza respire aliviada, xa que aparcar no entorno da praza do mercado ou na praza do Concello, supoñía un risco evidente dada a actividadde frenética no dano aos coches. Houbo xornadas nas que se chegaron a presentar ata 17 denuncias, algunhas delas por un mismo perxudicado ao que se lle raiara o vehículo ata en dúas ocasións. O perxuizo era evidente, xa que aos evidentes danos na pintura había que engadir pagos de franquías entre 200 e 500 euros, quedar sen o coche mentres era reparado, suba de primas de seguro para vindeira anualidades e nalgúns casos, ver como os propios seguros extinguían a relación co cliente debido á acumulación de partes.

Obstáculos

O cerco ao detido xa viña pechándose dende había semanas. A Garda Civil tiña identificado o autor dos actos vandálicos, mais precisaba evidencias sólidas para presentalo ante o xuíz. A investigación atopouse coa negativa dalgunhas testemuñas a declarar e con outros informes nos que, malia asegurar teren visto o individuo en acción, o recoñecemento se facía co sospeitoso de costas, o que restaba validez á identificación.

Detención

Axentes da Garda Civil decidiron seguir a pé de rúa e vestidos de paisano ao presunto autor, con fin de collelo na allada. En varias ocasión observaron ao agora detido movéndose polas zonas de aparcamento pero, ben por sorte ou por desconfianza, nesas ocasións o vándalo non actuou contra ningún coche. Na mañán de onte a situación dou un xiro e os axentes puideron proceder á súa detención cando o individuo saía dunha oficina bancaria situada na Avenida Fernando Blanco.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir