Sería un luxo ir a casa no parón de Nadal con dúas vitorias
Marru, autor dos 3 goles ante o líder, analiza en Radio Nordés Cadena SER o partido e a situación do Bergantiños, a un punto da promoción de ascenso
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Marru (10/12/2025)
A vitoria por 3-1 ante a Gimnastica Segoviana, líder no Grupo 1 da 2ªRFEF, remata coa seca goleadora dos carballeses e dalle un impulso anímico ao plantel e aos seareiros recortando distancias cos postos de promoción de ascenso.
Os tres goles foron obra de Marru, o xogador xa levou o balón firmado para a casa para recordar unha gran actuación tanto a nivel individual como do equipo.
Esta mañá de mércores falamos con el no programa Vivindo a Costa da Morte sobre o partido, a situación do equipo e como se ve el a nivel persoal nesta tempada cos bergantiñáns.




