Política

Novo foro Conversa: o Estado do Benestar ante os desafíos do século XXI

A Cadena SER organiza unha xornada de análise sobre as políticas sociais en Compostela e os coidados na acción pública

La directora general de Dependencia asegura que el diagnóstico de los residentes en centros de mayores no es grave / Flickr

Santiago de Compostela

Este venres 19 de decembro a Cadena SER organiza unha nova edición de Conversa, o foro de debate e análise sobre os ODS, os obxectivos de desenvolvemento sustentable. Nesta ocasión, abordaremos os desafíos do Estado do Benestar nunha xornada na que reflexionaremos sobre o presente e o futuro dos coidados nas políticas públicas.

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, será a encargada de inaugurar este foro que se celebrará na sede da Fundación RIA en Santiago de Compostela. A continuación, participará nunha mesa na que se debatirá sobre as políticas sociais en Compostela, na que compartirá reflexións co responsable do Foro Galego da Inmigración, Miguel Fernández, a delegada da Cruz Vermella en Santiago, Leonor Silva, e o vogal do Colexio de Psicoloxía de Galicia, José Berdullas.

A xornada, que moderará o director de Contidos da Cadena SER en Galicia, Ricardo Rodríguez, e que se poderá seguir por streaming a través da web de Radio Galicia en radiogalicia.gal, continuará coa reflexión do profesor da USC e membro do grupo de investigación Armela, Andrei Quintiá, co que falaremos de Igualdade, dereitos e Estado social.

Nunha segunda mesa de debate, o profesor Andrei Quintiá xunto á presidenta do Colexio de Traballo Social, Miriam Rodríguez, a vicepresidenta do Colexio de Educación Social, Rocío Núñez, e o xerente da asociación de directores de Residencias Sociais de Galicia, Víctor González, falarán sobre os coidados nas políticas públicas.

Pechará a xornada o presidente da Fegamp, Alberto Varela, nun momento no que a Federación Galega de Municipios e Provincias está a insistir na necesidade de apotar máis recursos públicos a servicios como o SAF e ás políticas de atención a persoas con dependencia, reclamación que lle fixo chegar en varias ocasións á Xunta de Galicia.