Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“Non creo no proxecto dos cinco quilómetros e medio, non hai orzamento abondo para licitar esa obra. Estou recordando o que vin no 2021”

Mónica Rodríguez falou en radio Nordés da autovía, da situación do PSOE e da actualidade municipal

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pleno Aberto con Mónica Rgez., alcaldesa de Vimianzo

00:00:0047:04
Descargar

A alcaldesa de Vimianzo asegurou que non cre o anuncio da Xunta respecto á ampliación da autovía da Costa da Morte, recordando que xa hai anos foi a Santiago coa rexedora de Camariñas a ver o mesmo proxecto que aínda segue ser realizarse. Rodríguez falou no Pleno Aberto do Vivindo a Costa da Morte onde abordou outros asuntos da actualidade municipal.

Respecto á economía do municipio, recordou que xa ten o orzamento do 2026 aprobado, a contas saneadas e pagan a provedores en 10 días.

Anunciou que subirá a taxa do lixo debido ao incremento do canon de Sogama que provoca que o servizo sexa moi deficitario, pide a colaboración da cidadanía para reciclar máis e lograr diminuír a cantidade de lixo que se envía á planta de Cerceda.

A alcaldesa repasou algunhas das obras feitas e que están en marcha polo territorio municipal destacando as de humanización da varias rúas no centro de Vimianzo, pero tamén outras por diferentes parroquias con máis de tres millóns de euros de investimento. Destacou tamén as máis de 200 prazas de aparcamento novas no centro da capital municipal.

Respecto a PXOM, Rodríguez considera que hai outras prioridades, aínda que están traballando nel e sobre a posibilidade de construír unha piscina climatizada, asegurou ter a esperanza de poder facela nun futuro, pero neste momento considera inviable o mantemento.

Un dos temas que máis salientou a alcaldesa foi o bo funcionamento do SAF, sen lista de agarda a pesar das dificultades que, segundo dixo, pon a Xunta incrementando moito o custe do servizo nos últimos anos.

Mónica Rodríguez abordou outros temas como a vivenda, a boa acollida da programación de Nadal, o canon eólico ou a crise actual no partido socialista.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir