"Non podemos ver o corpo como unha vitrina": a obsesión pola estética, cada vez máis cedo
Analizamos co sociólogo Jorge Marín os riscos que supón para as novas xeracións

En A Vivir Galicia analizamos a obsesión pola beleza nas xeracións máis novas
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
As novas xeracións están cada vez máis preocupadas pola estética e o coidado da beleza, o coñecido como 'skin kare' infantil. Cada vez é máis habitual ver como, nestas datas, as adolescentes piden con máis frecuencia operacións estéticas. Segundo os datos, en 2024 houbo máis de 200.000 operacións ao ano en España, cun 215% de incremento respecto a hai unha década.
Ademais, neste mes de decembro, as tendas de cosmética sacan calendario de advento orientados a mozos, mozas e adolescentes onde cada día poden conseguir un produto de maquillaxe ou coidado facial, cos riscos que isto ten. Analizámolos en A Vivir Galicia, co sociólogo Jorge García Marín.




