Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Parte dun quinto e tres décimos dun terceiro premio, únicos premios vendidos na Costa da Morte no Sorteo de Nadal

A maioría dos décimos vendidos en Fisterra foron para turistas, mentres os de Baio quedarían na zona

Bar Miramar, na zona portuaria de Fisterra

Bar Miramar, na zona portuaria de Fisterra

Costa da Morte

O Bar Miramar de Fisterra vendeu 84 décimos do quinto premio 77.715, o que supón 504.000 euros en total. Segundo explicou Claudia Canosa, a maior parte dos décimos repartíronse entre turistas que visitaron a vila do Cristo durante o verán, aínda que confía en que algún premio tamén quedase na propia localidade.

Pola súa banda, en Baio, Casa Rogelio vendeu tres décimos do terceiro premio 90.693, cun importe total de 150.000 euros. A responsable do establecemento, Sara Montero, sinalou que espera que o premio quede na vila ou en localidades próximas, xa que a súa clientela “é toda de aquí”.

Tanto no Bar Miramar como en Casa Rogelio destacan que 2024 foi un bo ano, no que repartiron varios premios en distintos sorteos ao longo do ano.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir