Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Costa da Morte despide o ano correndo coas San Silvestres de Malpica, Mazaricos e Baio

As tres probas populares enchen as rúas de deporte, disfraces e participación veciñal no último día do ano

Costa da Morte

A Costa da Morte volverá despedir o ano este 31 de decembro cunha das tradicións deportivas máis consolidadas do calendario: as carreiras de San Silvestre. Malpica, Mazaricos e Baio acollerán tres probas diferentes, pensadas para todos os públicos, nas que o obxectivo principal é participar e celebrar o peche do ano en comunidade e cun sorriso.

En Malpica celebrarase unha nova edición da San Silvestre Malpicana, a máis multitudinaria e que superará os 400 participantes. O percorrido para adultos supera lixeiramente os seis quilómetros polas rúas da vila. A saída está prevista ás 11.40 para os máis pequenos, categoría Xixí, ás 11.50 a categoría Chincho e por último, ao mediodía, os Xurelo. Dende a organización animan un ano máis a correr disfrazado. A proba adoita reunir varios centos de participantes e complétase cun ambiente festivo ao remate, con música e sorteos.

En Mazaricos, a protagonista será a tradicional Carreira do Leite, unha cita moi ligada á identidade do municipio como principal produtor leiteiro de Galicia. Haberá carreiras para todas as idades dende as 16.30, aquí as categorías divídense en Xatiños, Becerros, Xovencas e Vacas. As distancias estarán adaptadas a cada categoría con saída na Picota. A xornada remata co habitual brinde leiteiro, xa convertido nun símbolo da proba.

Pola súa banda, Baio acollerá a clásica Milla de Baio, unha carreira curta e dinámica que destaca polo seu carácter familiar e participativo, permitindo competir a nenos, afeccionados e aos atletas máis experimentados, Para animar a que os participantes acudan disfrazados haberá un premio especial ao mellor disfraz. A saída será ás 17.30 con categoría infantil, sénior e unha categoría especial “canina” na que animan a correr xunto co teu can.

Tres carreiras con historia, espírito popular e un mesmo obxectivo: despedir o ano facendo deporte e fortalecendo a vida social da Costa da Morte.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir