Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O BNG acusa á Xunta de acumular incumprimentos na Costa da Morte ao peche de 2025

Óscar Insua critica promesas sen executar en infraestruturas, sanidade, servizos sociais e educación

Costa da Morte

O deputado nacionalista Óscar Insua fixo balance do ano e cualificou de “incumprimentos” a xestión da Xunta na Costa da Morte. Segundo explicou, varias promesas anunciadas polo Partido Popular seguen sen executarse, como a licitación do corredor da AG-55, que —dixo— debía publicarse no DOG antes de finalizar o ano. Tamén cargou contra o servizo de onco-hematoloxía anunciado para setembro, asegurando que “as portas do hospital de día están literalmente pechadas” e denunciando un “engano á cidadanía” en materia de sanidade pública.

Desde o BNG tamén alertaron da falta de reforzos médicos nos centros de saúde da comarca, con demoras de ata quince ou vinte días para obter cita, así como da situación das mariscadoras de Camariñas, que —afirmaron— non cobraron no Nadal. Insua criticou ademais a ausencia dun centro de día público, os recortes en educación para alumnado con necesidades especiais en Muxía e Cee e a falta de vivenda pública. O deputado cualificou de “lamentable” a xestión do PP en 2025 e sostivo que a comarca é tratada “como de terceira ou cuarta categoría”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir