Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta licita a ampliación da Autovía da Costa da Morte, 5,8 quilómetros de vía de alta capacidade entre Santa Irena e Calo

BNG e PSOE critican o proxecto por consideralo insuficiente, propagandístico e afastado da autovía prometida

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asiste ao acto de licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte. Santa Irena (Vimianzo), 07/01/26. / David Cabezón @ Xunta

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asiste ao acto de licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte. Santa Irena (Vimianzo), 07/01/26.

A Coruña

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores en Vimianzo a licitación da prolongación da Autovía da Costa da Morte, unha actuación que contará cun investimento de 36,3 millóns de euros e permitirá incorporar 5,8 novos quilómetros de vía de alta capacidade libres de peaxe. Para o Presidente da Xunta, trátase dun proxecto “longamente esperado” que mellorará a mobilidade na comarca, reducindo os tempos de desprazamento e incrementando a seguridade e a comodidade para os usuarios. O novo treito dará continuidade á infraestrutura posta en funcionamento no ano 2016.

As obras afectarán ao tramo comprendido entre Santa Irena, no concello de Vimianzo, e a estrada AC-432, que comunica con Camariñas, e está previsto que comecen no mes de xullo. A vía terá unha limitación de velocidade de 100 quilómetros por hora e presenta unha elevada complexidade técnica, xa que inclúe a construción de dous enlaces, coa previsión dun terceiro, tres viadutos, seis pasos superiores, tres pasos inferiores e seis obras de drenaxe. A estrutura máis singular será o viaduto sobre o río Vimianzo, cunha lonxitude aproximada de 250 metros. Rueda salientou que esta ampliación permitirá seguir avanzando na conexión dos concellos da Costa da Morte, que xa dispoñen de case 28 quilómetros de autovía libres de peaxe.

No mesmo acto, o presidente da Xunta anunciou tamén a conxelación, un ano máis, das peaxes da autovía A Coruña–Carballo (AG-55). Segundo indicou, esta medida supón un aforro importante para os usuarios habituais, que no caso dos desprazamentos diarios entre A Coruña e Carballo pode superar os 390 euros ao ano.

Desde a oposición, o BNG da Costa da Morte cualificou o anuncio de “propaganda” e reclamou “menos actos e máis investimentos reais”. Os nacionalistas criticaron que a Xunta presente como autovía o que consideran un corredor cun carril por sentido e lembraron que se trata dun proxecto prometido xa no ano 2003, tras o desastre do Prestige. Ademais, censuraron o gasto nun acto público para anunciar unha licitación e pediron destinar eses recursos a servizos básicos na comarca, como centros de día públicos, vivenda ou melloras no transporte.

Pola súa banda, o PSdeG-PSOE tamén cuestionou o alcance do proxecto. A deputada Patricia Iglesias lembrou que a ampliación da autovía ata Berdoias foi impulsada durante o Goberno de Touriño e quedou paralizada coa chegada do PP á Xunta en 2009. Segundo indicou, o novo treito anunciado non responde a aquel deseño inicial e, ademais, non estaría rematado ata, como moi pronto, o ano 2028. Iglesias criticou tamén o mantemento das peaxes entre Carballo e A Coruña, que cualificou de “abusivas” en comparación coas bonificacións existentes nas autoestradas estatais.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir