Radio Nordés emite en Bergantiños no 88.5 FM dende este xoves
A emisora da Cadena SER cambia a súa frecuencia na comarca de Bergantiños, unha modificación que non afectará aos oíntes da Terra de Soneira e Fisterra onde se manteñen as frecuencias 92.2 fm e 95.7 fm respectivamente


Radio Nordés, emisora da Cadena SER, cambia a súa frecuencia na comarca de Bergantiños. dende este xoves 8 de xaneiro, a emisora comeza a emitir no 88.5 FM, unha modificación que non afectará nin á Terra de Soneira nin á comarca de Fisterra, onde se manteñen as frecuencias habituais 92.2 FM e 95.7 FM, respectivamente.
Este cambio supón que Radio Nordés pasa a ocupar o punto do dial que ata agora utilizaba Cadena Dial Nordés, emisora musical que cesa as súas emisións en Bergantiños.
A modificación tampouco terá impacto nos contidos da programación. Radio Nordés continuará ofrecendo información e actualidade dos 17 concellos da Costa da Morte, labor que desenvolve con éxito desde hai máis de vinte anos. A emisora mantense como líder de audiencia na bisbarra e, segundo os últimos datos do EXM, conta cunha media diaria de 13.000 oíntes, máis do dobre que a seguinte emisora da zona.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarO cambio ao novo punto do dial realizarase ao longo do día de hoxe xoves. Desde ese momento, para escoitar Radio Nordés Cadena SER na comarca de Bergantiños será necesario resintonizar a radio ao 88.5 FM, agás nos vehículos que dispoñan de receptores con sistema RDS, nos que a actualización se fará de xeito automático.
Os contidos de Radio Nordés Cadena SER poderán seguir escoitándose e descargándose con normalidade na web radionordes.com e na App da Cadena SER.




