Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Radio Nordés emite en Bergantiños no 88.5 FM dende este xoves

A emisora da Cadena SER cambia a súa frecuencia na comarca de Bergantiños, unha modificación que non afectará aos oíntes da Terra de Soneira e Fisterra onde se manteñen as frecuencias 92.2 fm e 95.7 fm respectivamente

Radio Nordés, emisora da Cadena SER, cambia a súa frecuencia na comarca de Bergantiños. dende este xoves 8 de xaneiro, a emisora comeza a emitir no 88.5 FM, unha modificación que non afectará nin á Terra de Soneira nin á comarca de Fisterra, onde se manteñen as frecuencias habituais 92.2 FM e 95.7 FM, respectivamente.

Este cambio supón que Radio Nordés pasa a ocupar o punto do dial que ata agora utilizaba Cadena Dial Nordés, emisora musical que cesa as súas emisións en Bergantiños.

A modificación tampouco terá impacto nos contidos da programación. Radio Nordés continuará ofrecendo información e actualidade dos 17 concellos da Costa da Morte, labor que desenvolve con éxito desde hai máis de vinte anos. A emisora mantense como líder de audiencia na bisbarra e, segundo os últimos datos do EXM, conta cunha media diaria de 13.000 oíntes, máis do dobre que a seguinte emisora da zona.

O cambio ao novo punto do dial realizarase ao longo do día de hoxe xoves. Desde ese momento, para escoitar Radio Nordés Cadena SER na comarca de Bergantiños será necesario resintonizar a radio ao 88.5 FM, agás nos vehículos que dispoñan de receptores con sistema RDS, nos que a actualización se fará de xeito automático.

Os contidos de Radio Nordés Cadena SER poderán seguir escoitándose e descargándose con normalidade na web radionordes.com e na App da Cadena SER.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir