Música

De Ninghures e a súa particular 'Noite no Museo'

Ünder & Diego Flâneur, Galician Army ou Punk'on Keixo son algúns dos lucenses que se deron cita para convertir o Museo Provincial de Lugo en escenario e punto de encontro do talento local

El talento y el arte lucenses se unen en Noite no Museo

Lugo

Música en directo, talento local e patrimonio artístico danse a man grazas á 'Noite no Museo'. Esta iniciativa, impulsada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo, converteu ao Museo Provincial nun escenario máxico que deu vida a unha peza coral e audiovisual na que participaron artistas de distintos estilos e xeracións con De Ninghures á cabeza.

Profetas na súa terra

De Ninghures rematou un 2025 cheo de éxitos: mellor disco galego do ano por 'Feira', mellor produción musical galega, máis de cincuenta 'feiras' nas costas e un gran recoñecemento na Foliada da Fonsagrada, a súa terra.

De cara ao futuro, De Ninghures "seguirá conquistando feiras, abrindo festivais e tamén apostando por novos formatos, como 'Noite no Museo". Adri Méndez, membro da agrupación, sinala que "en Lugo hai moi bós artistas, e proxectos coma este poñen en valor o talento interxeracional, unindo o que xa estaba co que está a medrar agora mesmo", e engade o lema: "Para bailar, Lugo".

Unha noite para o arte e o talento emerxente

O resultado de 'Noite no Museo' é un 'videoclip' enmarcado nunha das salas de arte do Museo Provincial na que se desenvolven diferentes escenas coa música como fío condutor.

"Foi un orgullo que a nosa música formara parte dunha iniciativa tan importante para a cultura de Lugo", sinalan Ünder & Diego Flâneur, un dos grupos lucenses que participaron no proxecto e que rematan o que podería considerarse como o seu ano de despegue: "Seguiremos facendo música, sen prisa pero sen pausa".

Sergio Vallejo e Alberto Prado, membros de Galician Army, foron os encargados de poñer a nota electrónica á noite. Un grupo que este ano cumplía o obxectivo de lanzar seu propio disco e que declárase "aberto a novas posibilidades e a seguir medrando musicalmente, explorando novos estilos dentro da electrónica".

A noite tamén contou coa presenza de Punk´on Keixo, Germán Díaz, a creadora de contido Konachadas, Branca Villares e as pandereteiras Iria López e Valeria Esteban.