Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación achega 30.000 euros para garantir o mantemento da UCA de Carballo

O servizo comarcal de atención ás adiccións atendeu o pasado ano a 503 persoas de Bergantiños, Soneira e Fisterra

A Deputación da Coruña destinará 30.000 euros ao mantemento da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) de Carballo, logo da sinatura do convenio de colaboración realizada esta mañá de xoves no Concello. O acordo foi rubricado polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e polo alcalde de Carballo, Daniel Pérez, nun acto no que tamén participou o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

A UCA de Carballo funciona desde o ano 1995 como un recurso sanitario e social de referencia a nivel comarcal. Presta atención especializada a persoas con trastornos adictivos non só de Carballo, senón tamén doutros quince concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra. Só no último ano, o servizo atendeu a 503 persoas, preto dun 4 % máis que no exercicio anterior, con programas de tratamento vinculados ao consumo de drogas ilegais, alcol, tabaco, benzodiacepinas e tamén a adiccións comportamentais.

A unidade conta cun equipo multidisciplinar formado por médico-psiquiatra, enfermeira, psicóloga, traballadora social e persoal administrativo, co obxectivo de ofrecer unha atención integral nos ámbitos médico, psicolóxico e social. Durante o acto, Formoso puxo en valor o “traballo esencial” que realiza a UCA na prevención e rehabilitación das persoas con problemas de adiccións e destacou que o compromiso da Deputación co ámbito social pasa por apoiar servizos públicos de proximidade que teñen un impacto directo na vida das persoas. Tras a sinatura do convenio, o presidente provincial mantivo unha reunión de traballo co goberno municipal para analizar investimentos e necesidades do concello.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir