Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A terceira etapa de O Gran Camiño 2026 sairá de Carballo

O 16 de abril, a rolda galega percorrerá as estradas da provincia da Coruña poñendo en valor a tradición ciclista e a historia do territorio

O ciclismo de primer nivel internaciónal volve á Costa da Morte coa terceira etapa de O Gran Camiño 2026. A etapa coruñesa sairá de Carballo e finalizará en Padrón. Son dúas vilas con tradición ciclista que se unirán o 16 de abril, nunha xornada na que o pelotón internacional da proba percorrerá estradas provinciais nunha das citas máis esperadas polos afeccionados ao ciclismo. O anuncio fíxoo este venres o director da carreira e CEO de EME Sports, Ezequiel Mosquera, nun acto celebrado na Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón, no que tamén se puxo en valor o apoio continuado da Deputación da Coruña á competición.

Mosquera destacou o peso social do ciclismo nas dúas localidades que protagonizarán esta etapa. Sobre Carballo, subliñou a súa “moita tradición” e o “arraigamento” deste deporte a través dos clubs locais. En canto a Padrón, afirmou que “respira ciclismo polos catro custados”, cun club e patrocinadores de referencia, recoñecendo que a chegada da proba ao municipio era unha débeda pendente. Sen adiantar detalles do percorrido, insistiu en que O Gran Camiño é un evento que vai máis alá da competición deportiva, ao servir tamén para amosar Galicia, a súa historia e a súa vinculación co Camiño de Santiago.

No acto participaron os alcaldes de Carballo e Padrón, Daniel López e Anxo Rei, xunto co concelleiro de Deportes padronés e o deputado provincial Antonio Leira. López cualificou a etapa como un recoñecemento á “potente afección” ciclista carballesa, mentres que Rei puxo en valor o ADN ciclista de Padrón e a colaboración entre administracións para facer posible unha proba desta categoría. Pola súa banda, Leira asegurou que será un día festivo non só para ambos municipios, senón para toda a provincia, destacando o papel de O Gran Camiño na proxección internacional de Galicia e reclamando para a carreira o recoñecemento que merece.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir