Fernando Pintos y el colectivo Polo Correo do Vento ya son Premios Cidade de Pontevedra 2025
Pontevedra celebró el Pleno de Honores y Distinciones en el día de San Sebastián, patrón de la ciudad


El salón de plenos de la Casa Consistorial en la plaza de España se quedó pequeño para ver el Pleno de Honores y Distinciones en este día de San Sebastián algo atípico porque el luto estatal por el accidente de trenes en Córdoba obligó a suspender los pasacalles y la salva de bombas que cada año anuncia al santo patrón de Pontevedra. Pleno sencillo, elegante y cargado de emoción.
Fernando Pintos, de la comunidad de Montes de Salcedo, recogió el Premio Cidade de Pontevedra 2025 tras ser reconocido con este galardón en la categoría de persona física. “Nos tempos actuais temos cubertas as necesidades básicas de alimentación sen depender exclusivamente da terra, pero seguimos dependendo dela de maneira vital. A través da súa vexetación obtemos o osíxeno que respiramos, axúdanos a absorber os efectos do dióxido de carbono que producimos e fornécenos da auga que bebemos dos seus mananciais, así como doutros recursos que nos permiten gozar dunha mellor calidade de vida. Poderíase dicir, polo tanto, que a nosa vida depende dela. Por iso, é máis necesario ca nunca coidar esas terras, custodialas e defendelas de maneira comunal, para que a natureza dos nosos montes continúe viva e protexida fronte a todo tipo de depredadores. Entenderse na discrepancia, esforzarse polo acordo, defender o común e traballar pola mellora da veciñanza deben ser obxectivos prioritarios dos pobos que aspiran a manter vivo este planeta, evitando a súa destrución promovida por quen despreza a natureza que sostén a súa propia vida”, manifestó Pintos.
En la modalidad de persona jurídica, el premio fue otorgado al colectivo Polo Correo do Vento que recogió Enrique Mauricio y Joana Lorenzo. Polo Correo do Vento creado entre Kike Mauricio y Carlos Taboada, fallecido recientemente, referente en la imprescindible tarea de la promoción de la lectura y de nuestra lengua. “Este proxecto foi fundado por dous exporteiros de balonmán, formados na canteira do Teucro, que coincidiron anos máis tarde no Artai; fillos de mestres do ensino público, estudantes do Sánchez Cantón e grandes desfrutadores da nosa vila, tanto de día como de noite. Charlie e eu estabamos felices; parecía coma se nos tocara a lotaría: íannos pagar por contar e debuxar. Aqueles primeiros contacontos marcaron o inicio de todo. Creamos a nosa primeira historia e unha estrutura que pensamos que foi pioneira: xuntar a ilustración coa oralidade e rematar cun obradoiro de debuxo. O certo é que o que propuxemos gustou e, sen buscalo, acabamos creando o noso modo de vida: unha empresa na que o pasamos xenial, aprendemos moito e traballamos arreo, pero con gusto. Botamos moitas horas… pero tamén soubemos parar para tomar algunha caña, compartir tortillas, polbo ou churrascos. Sen buscalo, deseñamos algo que nos facía felices. Pero sen renunciar os nosos valores: o amor pola cultura e pola historia do país, o respecto pola lingua, o compromiso coa memoria, coa ecoloxía coa igualdade e coa diversidade. Este respecto polas nosas crenzas levounos, en varias ocasións, a dicir NON a traballos financiados por empresas contaminantes, con moito poder e pouca dignidade. Porque moitas veces dicir que non reconforta… e senta moi moi ben”, dijo Mauricio.




