Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Bergantiños formaliza o traspaso de “Marru” ao Muaither de Catar

O dianteiro marcha, tras marcar 13 goles en 19 partidos, sendo máximo goleador da historia do club en Segunda Federación

JORGE INSUA

O Bergantiños FC e o Muaither SC alcanzaron un acordo para o traspaso de Marc Marruecos “Marru”. O club carballés expresou o seu agradecemento polo tempo compartido e polo compromiso mostrado polo dianteiro ao longo destes meses defendendo as cores do equipo. Marru deixa unha “pegada imborrable” no Bergantiños FC, non só pola súa entrega diaria, senón tamén polos seus números: marcou 13 goles en 19 partidos, o que o sitúa como máximo goleador da historia do Bergantiños na Segunda Federación, empatado con Marcos Remesas.

Nesta nova etapa profesional, Marru inicia un desafío cheo de ilusións e retos no Muaither SC de Catar. Dende o Bergantiños deséxanlle toda a sorte no ámbito deportivo e persoal, convencidos de que continuará medrando e acadando éxitos. O club tamén quixo salientar que As Eiroas sempre será a súa casa, un lugar ao que poderá volver cando o desexe, porque aquí deixa amigos, recordos e un equipo que lle estará sempre agradecido polo vivido xuntos.

Marru despedíuse do club cun emotivo comunicado

Antes de iniciar a súa nova etapa no Muaither, Marru despedíuse do Bergantiños nun emotivo comunicado, “marcho con aprendizaxes, amizades e recordos que quedarán para sempre”, explicou. Tamén agradeceu ao club e á afección: “O apoio e a confianza dende o primeiro día foi clave para min” e asegurou que “unha parte de min queda co Bergantiños e coa súa xente”.

O equipo está na parte alta na liga, pero resísteselle a vitoria no 2026

Na actual campaña o Bergantiños atópase loitando na parte alta da clasificatoria do Grupo 1 da 2ªRFEF, con 30 puntos despois de 19 xornadas, ocupando o oitavo posto dunha clasificación moi apretada. Os de Carballo están a poucos puntos dos primeiros postos e da posibilidade de xogar a promoción. No 2026 estáselle resistindo a vitoria, na última xornada pèrderon 2‑1 ante o CD Numancia. O vindeiro partido será o vindeiro domingo 25 ás 16:00 horas fronte ao Marino de Luanco nas Eiroas, un encontro clave para manterse na zona alta da táboa, sumar puntos e gañar confianza.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir