Suspendida a xornada do sábado
A RFGF decreta a suspensión da xornada deste sábado pola alerta meteorolóxica
A federación suspende a xornada do día 24 de xaneiro
Ante a alerta meteorolóxica comunicada pola AEMET e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Real Federación Galega de Fútbol decretou a suspensión de toda a competición de ámbito autonómico e competicións nacionais delegadas para este sábado día 24 de xaneiro. Suspensión que afecta tanto aos partidos de fútbol como aos de fútbol sala.
Esta medida busca priorizar a seguridade a gran familia do fútbol e do fútbol sala de Galicia. Do mesmo xeito, solicitar a máxima precaución a todos e todas en estas xornadas nas que a meteoroloxía está resultando tan adversa.