Hoy por Hoy Vigo
Música
Música

Francisco Castro: "Neste segundo disco estiven moi implicado na andamiaxe das cancións"

O escritor e poeta presenta en Vigo o seu novo traballo

Entrevista al escritor y músico Francisco Castro

Vigo

Francisco Castro leva máis de 25 novelas ás súas costas como escritor e, este mes de febreiro, sacará o seu segundo disco. Sempre foi moi melómano pero, en abril de 2024, decidiu dar o paso e presentar o seu primeiro disco chamado “Agora é ou tempo”. O seu primeiro traballo discográfico tivo continuidade e está a piques de sair o segundo traballo musical. Francisco Castro presenta agora “Cantos de amor e revolución” que estará composto por nove temas, o primeiro deles, o single, sairá a vindeira semana e leva por título “Sardiñas con pan de millo”. Co seu coidado polas letras como vehículo condutor da súa música e as súas cancións, Francisco Castro quixo cambiar un pouco o estilo con respecto ao primeiro disco. Eso sí, mantendo o seu espírito impregnado de rock and roll. Co escritor, músico e compositor falamos sobre a mirada crítica, a creación literaria e musical e sobre eses nervios que ten todo artista a horas de subirse a un escenario. Este xoves farao no Vitruvia Café ás 20:30 horas.

Jacobo Buceta

Periodista de Radio Vigo-Cadena Ser desde 1998....