Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

De Monte Alto á Reitoría da Universidade da Coruña: a traxectoria vital de Xosé Luis Armesto

Catedrático, exreitor da UDC e referente do ensino público en Galicia

La Galería: Xosé Luis Armesto

La Galería: Xosé Luis Armesto

00:00:0022:39
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A Universidade da Coruña vén de crear os Premios Xosé Luis Armesto – Mariñas Douradas, unha iniciativa pioneira destinada a impulsar a investigación universitaria galega contra o cambio climático. O nome non é casual: recoñece a traxectoria vital e académica dun dos grandes referentes da institución, catedrático de Física e Química, exreitor da UDC e firme defensor do ensino público.

Con motivo deste recoñecemento, Xosé Luis Armesto foi o convidado de La Galería en Hoy por hoy A Coruña, nunha conversa con Teba Chacón na que repasou a súa carreira, a súa visión da universidade e os retos do futuro.

Uns premios para investigar o cambio climático desde a universidade

A creación dos premios nace dunha doazón persoal de Armesto á Universidade da Coruña, cun obxectivo moi claro: apoiar ao estudantado e fomentar a investigación nun ámbito clave como o cambio climático

Os galardóns están dirixidos a estudantes de grao, recoñecendo os mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) relacionados coa loita contra o quecemento global. Haberá dúas convocatorias anuais, unha por cada rama do coñecemento, e a previsión é que os premios se manteñan durante polo menos 30 anos.

“O cambio climático é un tema interdisciplinar, de máxima actualidade, e tamén unha resposta necesaria fronte ao avance do negacionismo”, explicou Armesto.

De Monte Alto á Reitoría da UDC

Nado no barrio de Monte Alto, entre a Torre de Hércules e Orillamar, Armesto lembra unha infancia marcada por dous grandes referentes: a Fábrica de Armas e a universidade. Aí comezou un camiño que o levaría a estudar Química, especializarse en química cuántica, doutorarse e iniciar unha longa carreira académica.

Foi profesor no Colexio Universitario da Coruña desde os anos 70, director do centro, decano da Facultade de Ciencias, vicerreitor e finalmente reitor da Universidade da Coruña, cargo no que tivo que afrontar decisións difíciles, especialmente durante a dura crise económica e os recortes no financiamento universitario.

A importancia dos mestres e do compromiso cos estudantes

Ao longo da entrevista, Armesto fixo un recoñecemento especial aos docentes que marcaron a súa vida, en particular ao salesiano Jesús Quintero, quen interveu decisivamente no seu futuro académico.

Tamén lembrou con emoción encontros con antigos alumnos e historias que demostran ata que punto a figura dun profesor pode cambiar vidas. Esa convicción foi a que o levou, xa como reitor, a impulsar bolsas e axudas para estudantes con dificultades económicas.

Universidade pública: presente complexo e futuro incerto

Xa xubilado, Xosé Luis Armesto móstrase preocupado polo abandono progresivo dos servizos públicos, incluída a educación superior, por parte da clase media. Advirte dun proceso perigoso de desprestixio, infrafinanciamento e posterior privatización da universidade.

“Sempre fun un servidor público e síntome orgulloso de defender a educación pública de principio a fin”, afirmou.

A pesar das dificultades, mantén unha visión esperanzada: adaptarse ás novas realidades, buscar solucións e seguir defendendo o papel social da universidade.

Vida, paixóns e memoria

Máis alá da academia, Armesto confesou a súa paixón polas viaxes, especialmente polo hemisferio sur tras a xubilación, polo Deportivo da Coruña, do que é socio desde os anos 80, e polo avance da física cuántica, que segue con interese como lector.

No peche da entrevista, escolleu:

  • Un lugar da Coruña: a Torre de Hércules
  • Un local: a cervexaría de Estrella Galicia en Catro Camiños
  • Unha película: Rondallas
  • Unha canción: Os teus ollos, poema de Curros Enríquez

Un final íntimo para unha conversa que retrata a un home coherente, comprometido e profundamente vencellado á cidade, á universidade e ao servizo público.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir