Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Por que os paxariños casan pola Candeloria ou como os ritmos de vida actuais fan que nos custe máis namorarnos

A psicóloga Jennifer Souto explica a través do día do amor da tradición galega cales son as circunstancias precisas para que poida darse unha relación de parella

Por que os paxariños casan pola Candeloria ou como os ritmos de vida actuais fan que nos custe máis namorarnos

Por que os paxariños casan pola Candeloria ou como os ritmos de vida actuais fan que nos custe máis namorarnos

00:00:0023:39
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

O 2 de febreiro, o día da Candeloria, marca o momento do ano no que comeza a rematar o inverno. É o día no que se sitúa "a metade xusta entre o solsticio de inverno e o equinocio de primavera", segundo explica a mestra de Lingua Galega Pilar Cordeiro. Segundo apunta, a data "está tamén relacionada co inicio da labranza, co espertar dos animais que invernan ou coa volta das aves migratorias", e especialmente "co inicio dos seus cortexos".

A tradición oral recolle este fenómento de diversas formas, e sobre todo a través de refráns ou ditos. "Se a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra", apunta a profesora. Mentres, a psicóloga Jennifer Souto observa como estas expresións permiten apreciar "o momento no que as culturas rurais observan que a natureza comeza a espertar e os días se fan máis longos".

Isto resúltalle "moi interesante dende o punto de vista psicolóxico", xa que "tamén as persoas respondemos a estes ciclos naturais". Explica, en primeiro lugar, que os rituais son "máis que unha tradición". Funcionan como "ferramentas que a sociedade creou para ordenar a vida emocional". "Un ritual", continúa, "marca un antes e un despois, axúdanos a poñer orde no que sentimos e dános un espazo para expresar cousas que normalmente nos custa verbalizar".

Unha celebración, podendo ser a Candeloria, pero tamén, traéndoo á actualidade, San Valentín ou o aniversario do día no que comeza unha relación, permite "crear un contexto que lexitima esa expresión emocional que doutro xeito nos custa". Isto, nun mundo "acelerado como o actual", funciona como "unha áncora psicolóxica": "Permítennos tomar conciencia de como nos relacionamos con los demáis e dános unha xustificaicón para expresalo".

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa

A profesora Pilar Cordeiro recolle outro dos ditos que se asocian a esta data: "Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola". Hai máis: outro refrán asegura que "a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa". Estas expresións, que reflicten como os paxaros comezan a buscar parella para reproducirse na primavera, son o que vincula o día da Candeloria ao amor.

"O de que pola Candeloria casan os paxariños, é unha metáfora realmente preciosa", reflexiona Souto, "que, aínda que poida resultar inxenua, encerra unha lectura psicolóxica moi profunda". Fala de como moitas especies de aves escollen esta época para os seus rituais de emparellamento, unha data que non é casual. Coincide co momento no que as "condicións ambientais son favorables", apunta a psicóloga, "porque comeza a haber máis luz, máis alimento, máis temperatura, máis poisbilidades, en fin, de pervivir".

"Se trasladamos isto á psicoloxía, a metáfora fálanos de sincronía", asegura. "As relacións non funcionan só porque dúas persoas se gusten, senón porque coinciden nese mometno vital no que ambas son compatibles", explica. De igual xeito que os paxariños non se emparellan e se reproducen en pleno inverno, "tampouco as persoas establecemos vínculos sólidos cando estamos emocionalmente desaliñados ou nun ambiente que non favorece a conexión".

Jennifer Souto aínda vai máis alá: "A metáfora tamén nos fala de conexión, porque os animais non escolle parella ao azar". Buscan "sinais de seguridade, de saúde e, incluso, compatibilidade", o que en "humanos", se traduce en "tratar de crear relacións que nos aporten benestar, estabilidade, emocional e un crecemento mutuo". "A metáfora recórdanos sobre todo que o vínculo é un proceso, non un impulso", conclúe.

Aínda que "ás veces pensamos que namorarnos é algo que nos sucede de repente", non é así. Sucede só cando "se dan esas circunstancias internas e externas que son favorables". Cando estamos "en clama" actívase "un sistema biolóxico que favorece a empatía, a escoita e a cooperación", e é nese estado no que podemos "conectar cunha parella e resolver os conflitos que poidan xurdir".

Pola contra, cando estamos estresados, ou incluso "emocionalmente saturados", algo frecuente "con este ritmo de vida que levamos a día de hoxe", actívase "a sensación de ameaza". Nesta tesitura "interpretamos peor, reaccionamos de xeito máis rápido e defensivo e cústanos conectar". "Non é que non queiramos", aclara, "é que biolóxicamente estamos menos dispoñibles".

Jennifer Souto cre que é "importante" entender que as relacións "non só dependen da vontade, senón do noso estado interno e do contexto". Por iso ese "símbolo de recuperar a luz da Candeloria", sinala, "pode interpretarse como unha invitación a revisar o noso clima emocional". Anima a preguntarse: "Estamos en invierno por dentro? Precisamos claridade?".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir