O paro baixa en Bergantiños pero sobe nas comarcas de Soneira e Fisterra
A Laracha e Carballo lideran o descenso do desemprego en xaneiro, mentres Cee e Ponteceso rexistran o maior incremento

/ Ismael Herrero (EFE)

Xaneiro rematou cun descenso total de 16 parados en toda a Costa da Morte, pero o comportamento do desemprego foi moi diferente dependendo da Comarca.
En Bergantiños o desemprego descendeu en tódolos concellos excepto Ponteceso, onde subiu en 16 persoas. Os municipios que se anotan a maior baixada son A Laracha con 50 menos e Carballo con 34, en total nesta comarca o paro baixou en 86 persoas.
A situación é moi diferente a terra de Soneira e a Comarca de Fisterra. En Soneira o paro subiu en xaneiro en 22 persoas, Vimianzo suma 10 sendo o municipio con maior incremento. Na Comarca de Fisterra os datos son peores, o paro rexistrou unha suba de 46 persoas, con Cee liderando os datos con 19 parados máis.
En total, nos dezasete concellos za Costa da Morte, xaneiro rematou con 4.432 persoas apuntadas nas listas do paro, son 182 menos que en xaneiro de 2025.
| Concello | Dato paro |
|---|---|
| Cabana | -9 |
| Carballo | -34 |
| Coristanco | -3 |
| Laxe | -4 |
| A Laracha | -50 |
| Malpica | -2 |
| Ponteceso | 16 |
| Camariñas | 5 |
| Vimianzo | 10 |
| Zas | 7 |
| Mazaricos | -6 |
| Cee | 19 |
| Corcubión | 0 |
| Dumbría | 8 |
| Fisterra | 10 |
| Muxía | 9 |
| Carnota | 8 |




