Éxitos para Sanysec
Un total de sete medallas para o Sanysec – Club Ourense Atletismo nos autonómicos de Lanzamentos.

David Villanueva plata en el absoluto

Finn de semana coa que deixamos xaneiro e entramos en febreiro estivo marcada polo Campionato Galego de Lanzamentos Longos Máster e polo Campionato Galego de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub23.
Un total de sete medallas para o Sanysec – Club Ourense Atletismo xuntando ambos campinatos.
No Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Máster, Ana Raquel Revuelta venceu en disco F35 nun concurso moi regular, cun mellor lanzamento de 31.09 e sen baixar dos 30 metros en ningún dos seus tres lanzamentos válidos. Javier Domínguez de la Maza venceu en xavelina M50 (700gr.) cun mellor lanzamento de 41.43 metros, nun trofeo moi disputado con José Domínguez do Atlética A Silva, quen foi segundo con 40.66.
No Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub23 destacamos o segundo posto de Daniel Villanueva no martelo absoluto cun mellor lanzamento de 52.38, o que lle permitiu ser, ademais, o campión Sub23. Aitana Capeáns foi bronce en disco con 37.53, mesma proba na que Sabela Vázquez firmaría a sexta praza con 31.34. A sexta posición tamén foi a ocupada por Irene Conde no lanzamento de martelo con 39.11, seguida de Alba Arranz na séptima praza con 38.92, resultado que na categoría sub23 lle permitiu obter o ouro. No lanzamento de xavelina Adriana Ferreiro obtivo o bronce con 32.36, con Antía Calvo na cuarta posición grazas a un mellor lanzamento de 31.70.




