Sociedad

O alcalde de Xinzo sobre o Entroido: “Sempre hai plan b”

A Subdelegación do Goberno insiste na imposibilidade de autorizar cortes de tráfico para o desfile mentres se manteña a tractorada bloqueando a A-52

Amador Díaz, alcalde de Xinzo

“Dende o Concello sempre amosamos o total apoio ás reivindicacións dos nosos agricultores e gandeiros”. Así falaba o rexedor de Xinzo, Amador Díaz, nos micrófonos do Hoy por Hoy Ourense en relación coas protestas do sector primario e da presenza de decenas de tractores bloqueando dende hai días a A-52 ao seu paso polo concello limiao.

O alcalde recoñecía que “hoxe Xinzo está a vivir as obras da travesía na N-525, e a entrada de camións e tráfico fan que haxa tráfico lento”, pero engadía que “cando non había autovía o tráfico viña pola nacional”. Díaz defendía ao mesmo tempo que a veciñanza entende a situación. “Aí están as manifestacións do sector da hostalería e de Prolimia co total apoio a agricultores e gandeiros, e a mesma sociedade comprende a situación que fai que en momentos puntuais si que haxa unha saturación de vehículos pola arteria principal da vila de Xinzo”.

Sobre as dificultades que poidan xerar os tractores estacionados na autovía de cara á celebración do Entroido, o rexedor aseguraba que “sempre hai plan b, sempre hai alternativa”. Díaz explicou que “o desfile sempre discorre pola N-525, pero faltan moitos días e cando esteamos próximos veremos cal é a situación”. O rexedor fala tamén da posibilidad de establecer outro recorrido.

En relación a este asunto, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, advertía este martes nos micrófonos de Radio Limia Cadena SER de que, en caso de que agricultores e gandeiros manteñan o bloqueo da A-52, a DXT non permitirá cortes de tráfico para o desfile de comparsas e carrozas nesta localidade.

Ademais, este mércores a Subdelegación do Goberno en Ourense remitiu un comunicado alertando de que este peche ten consecuencias directas sobre la mobilidade e a seguridade viaria na a comarca da Limia. “Mentres a A-52 permaneza cortada, non é posible autorizar novos cortes de tráfico en vías alternativas, xa que estas están siendo utilizadas para canalizar o tráfico desviado”, trasladan fontes da Subdelegación.

“En Xinzo a N-525 actúa actualmente como vía principal de desvío do tráfico procedente da A-52, o que supón un incremento aproximado de 4.000 vehículos diarios adicionais atravesando el municipio”, engaden, o que fai “incompatible” a celebración de desfiles e eventos do Entroido que requieran o corte desa estrada ao supoñer, din, “un risco grave para a seguridade viaria”.