Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O debate político sobre Monte Neme evidencia fortes discrepancias entre Xunta e oposición

BNG e PSOE acusan á Xunta de inacción e falta de prevención, mentres o PP pide prudencia á espera de informes técnicos

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tertulia de Políticos con Óscar Ínsua, Patricia Iglesias e Rubén Lorenzo

00:00:0027:17
Descargar

A situación da antiga mina de Monte Neme centrou boa parte do debate de políticos en Radio Nordés cos deputados do BNG,PSOE e Partido Popular. O colapso dunha balsa e a saída masiva de resíduos reavivaron a preocupación polos riscos ambientais e de seguridade nun espazo que, segundo lembraron os grupos da oposición, xa rexistrara un episodio semellante hai catorce anos. Os participantes coincidiron en destacar que houbo sorte ao non producirse danos persoais nin afectar ás vivendas próximas.

Desde o BNG, Óscar Insua cualificou o sucedido como unha “irresponsabilidade” da Xunta, ao entender que existían avisos previos sobre o estado das balsas e galerías da mina. Segundo explicou, desde 2013 trasladáranse advertencias á Administración autonómica sobre os riscos existentes. Tamén criticou que o plan de restauración non tivera en conta elementos coñecidos, como antigas galerías, e puxo o foco na falta de medidas preventivas e na resposta tardía das emerxencias, ao pasar varias horas desde o primeiro aviso ata a comunicación aos concellos afectados.

Nunha liña semellante, a representante do PSOE, Patricia Iglesias, afirmou que o incidente era “absolutamente previsible” e responsabilizou á Consellería de Economía e Industria e á autoridade mineira galega da falta de actuación en materia de seguridade e restauración. Reclamarán explicacións no Parlamento, transparencia e analíticas ambientais, ademais de depurar posibles responsabilidades políticas polo sucedido.

Pola súa banda, Rubén Lorenzo, do Partido Popular, defendeu a necesidade de actuar con prudencia e agardar aos informes técnicos antes de atribuír responsabilidades. Recoñeceu a gravidade do suceso, pero rexeitou que se afirme que a Xunta non fixo nada en Monte Neme, lembrando que existe un contrato adxudicado para traballos de restauración. O representante popular tamén cuestionou a convocatoria de reunións veciñais sen información técnica concluínte por parte do concello de Carballo e insistiu en que os políticos non son especialistas, polo que apelou á cautela ata contar con datos contrastados.

No tramo final do debate abordouse tamén a situación das infraestruturas educativas, coa coincidencia dos grupos da oposición en denunciar o mal estado de varios centros escolares da Costa da Morte. BNG e PSOE referíronse a protestas recentes en centros como o IES Fernando Blanco de Cee, o CPI de Zas, Labarta Pose de Baio ou o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, citando problemas como pingueiras, humidades, falta de accesibilidade e deficiencias estruturais. Desde o PP, Rubén Lorenzo recoñeceu que boa parte dos máis de 1.200 centros educativos públicos de Galicia teñen unha antigüidade próxima ou superior aos 40 anos e admitiu que existen máis necesidades das que se poden atender, aínda que defendeu os investimentos incluídos no plan autonómico de infraestruturas educativas. A oposición reclamou un plan específico e criterios obxectivos para priorizar actuacións, insistindo en que a educación pública debe ser unha prioridade orzamentaria.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir