Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Preocupación en Razo pola aparición dunha segunda balsa na mina de monte Neme con risco de rotura

O Concello esixe á Xunta o máximo control das medidas de seguridade para evitar unha nova rotura e critica a ausencia de información oficial

CARBALLO (A CORUÑA), 31/01/2026.- La rotura durante la madrugada de este sábado de una de las balsas de la antigua mina de Monte Neme, situada entre los ayuntamientos coruñeses de Carballo y Malpica de Bergantiños, ha provocado una grave escorrentía que ha afectado de manera mayoritaria a este último municipio. EFE/ Moncho Fuentes / Moncho Fuentes (EFE)

CARBALLO (A CORUÑA), 31/01/2026.- La rotura durante la madrugada de este sábado de una de las balsas de la antigua mina de Monte Neme, situada entre los ayuntamientos coruñeses de Carballo y Malpica de Bergantiños, ha provocado una grave escorrentía que ha afectado de manera mayoritaria a este último municipio. EFE/ Moncho Fuentes

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, alerta á Xunta da aparición dunha segunda balsa con posibilidade de romper na antiga mina de Monte Neme.

O concello de Carballo convocou este mércores á veciñanza de Razo para explicar a cronoloxía e os datos cos que contan respecto ao sucedido o sábado na mina de Monte Neme, coa rotura dunha galería pola que saíron a gran presión miles de litros de auga, que arrastraron todo o que atoparon ao seu paso monte abaixo.

Os responsables municipais lembraron que este é o segundo episodio de características semellantes rexistrado nos últimos catorce anos e trasladaron o malestar que xupón que desde o ano 2012 a Xunta, Administración competente, non adoptou as medidas necesarias para garantir a seguridade na antiga explotación mineira.

Durante a xuntanza, un veciño advertiu do risco que podería supoñer o elevado nivel de auga noutra das balsas, a de augas limpas. Os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales desprazáronse ata a zona xunto coa persoa que deu a alerta e comprobaron que o nivel da balsa atópase aproximadamente un metro por enriba do habitual. Segundo indicaron, esta situación podería deberse ao atoamento dunha tubaxe de evacuación.

O alcalde contactou de inmediato coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, para trasladarlle tanto a preocupación pola situación da balsa como a inquedanza manifestada pola veciñanza de Razo. A raíz desta comunicación, o director xeral de Minas, Pablo Fernández, comprometeuse a enviar un equipo técnico para avaliar a situación. Daniel Pérez esixiu á Xunta “que asuma a súa responsabilidade, tanto na verificación e supervisión de que se respectan as cautelas de seguridade coma na execución da restauración mineira”, e insistiu en que os veciños e veciñas da contorna “non poden estar atemorizados día tras día”.

Daniel Pérez tamén criticou a ausencia de información oficial ao concello por parte da Xunta ao longo desta semana, “o que sabemos , sabémolo pola prensa” dixo o rexedor, así como a tardanza en informar aos gobernos de Carballo e Malpica do sucedido, xa que dende o aviso ao 112 ata que a Xunta chamou ao concello pasaron 6 horas.

Este venres coñeceranse os resultados das analíticas feitas na auga esta semana na zona por técnicos da Xunta.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir