Conta atrás para Presas
O xogador de UD Barbadás pasou por o quirófano
Comeza a conta atrás para Adrián Presas
Adrián Presas Ribao xogador de Unión Deportiva Barbadás, foi sometido o mércores a unha intervención cirúrxica debido a unha pequena rotura de menisco. A operación realizouse con éxito e Adrián xa se atopa na súa casa, descansando e iniciando o proceso de recuperación.
O xogador ourensán de 27 anos que chegou o clube no pasado mes de Xullo, demostrou un enorme compromiso, xa que estivo disputando varios partidos con molestias co único obxectivo de axudar ao equipo, demostrando unha vez máis a súa entrega e implicación.
A baixa do centrocampista, chega en un mal momento para o cuadro azul que non logra saír dos postos de descenso.