Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Carballo, nomeado nos Premios de Calidade da Rede Española de Cidades Saudables polo proxecto Cicl-Ando

O municipio bergantiñá é o único da provincia recoñecido pola RECS polo seu modelo de mobilidade activa e sostible

O Concello de Carballo vén de ser nomeado na quinta edición dos Premios de Calidade da Rede Española de Cidades Saudables, na categoría de fomento dun desenvolvemento urbano saudable e sostible, grazas ao proxecto Cicl-Ando Carballo. Trátase dunha iniciativa clave na transformación da mobilidade local cara a modelos máis activos, seguros e respectuosos co medio ambiente.

Carballo foi o único concello da provincia da Coruña recoñecido e un dos dous de toda Galicia, xunto con Lugo, na categoría de municipios de entre 20.001 e 100.000 habitantes. O concello bergantiñá reforza o seu papel como referencia estatal en políticas urbanas centradas na saúde e nas persoas. O alcalde, Daniel Pérez, salientou que este nomeamento recoñece o traballo continuado para construír “unha vila máis humana”, apostando pola mobilidade sostible como sinónimo de saúde, igualdade e futuro.

Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, destacou que Cicl-Ando Carballo demostra o impacto real das políticas públicas cando se planifican a longo prazo. Lembrou que o proxecto partía dun núcleo urbano con tráfico intenso e apenas 4 ou 5 quilómetros de itinerarios para peóns e ciclistas, unha situación que motivou a posta en marcha dunha estratexia ambiciosa en coherencia co Plan de Mobilidade Urbana Sustentable.

O proxecto desenvolveuse en dous eixes: a execución de máis de 19 quilómetros de sendas ciclo-peonís, incluíndo conexións co polígono de Bértoa e a praia de Razo, e campañas de concienciación cidadá. Na actualidade, Carballo conta con arredor de 25 quilómetros de sendas, cun aumento do uso da bicicleta e das camiñadas, así como unha mellora da saúde da poboación e da recuperación do espazo público.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir