Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Aduanas baralla o traslado da base de salvamento marítimo de Muros para a ría de Corcubión

Os sindicatos defenden crear unha nova base sen desmantelar a existente e alertan da falta de medios na loita contra o narcotráfico

Lancha de vigilancia aduanera. / Radio Algeciras

Lancha de vigilancia aduanera.

Responsables de aduanas en Galicia trasladaron aos representantes dos traballadores a intención de cambiar a localización da base de vixilancia aduaneira de Muros para a Ría de Corcubión. A idea é utilizar o porto de Brens como porto base e o edificio de facenda de Cee como sede das oficinas.

En relación á embarcación que podería destinarse para a Costa da Morte hai dúas opción principais. A primeira, utilizar o barco que actualmente presta servizo dende Vigo, a segunda, aproveitar algunha das lanchas incautadas en Alxeciras.

A idea de trasladar a base marítima da Axencia Tributaria de Muros á Costa da Morte non convence aos sindicatos que consideran necesarias as dúas.

Pablo Burgos, representante de CSIF, advertiu de que a loita contra o narcotráfico nas costas galegas presenta “moitas deficiencias” e subliñou que pechar unha para abrir outra, ao seu xuízo, non resolve as necesidades reais de cobertura.

Pronunciouse na mesma liña Henrique García da CIG, defendendo instalar unha base na Costa da Morte sen desmantelar a de Muros, o que “permitiría unha maior protección de toda a costa” e lembrou que a base de Muros precisa melloras tanto na embarcación como nas condicións dos traballadores.

Pola súa banda, o deputado do BNG Óscar Insua, quen levou ao parlamento a necesidade de que a Costa da Morte conte cun este servizo de vixilancia, cualificou a posibilidade dunha nova base como unha boa noticia, aínda que pediu cautela, lembrando que “non é a primeira vez que se anuncia unha iniciativa deste tipo sen concreción definitiva”.

Hai un ano o ministro Grande Marlaska xa adiantou nunha entrevista na Cadena SER que o goberno estaba estudando a posibilidade de establecer unha base de aduanas na Costa da Morte, pero advertía da complexidade ao estar involucrados varios ministerios.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir