Ocio y cultura

Emilio Bóveda: "Gustaríame meter a un grupo de galegos nunha nave espacial a convivir"

O autor presenta este vernes día 20 o seu libro "As portas condenadas" no Espazo do Lector Nobel da cidade

As portas condenadas

O mestre, director do CEIP Curros Enríquez de Celanova e escritor Jorge Emilio Bóveda achegouse ata o estudio Ramón Puga de Radio Ourense Cadena SER para falar do seu novo libro, As portas condenadas (Toxosoutos). Unha novela que nacía dunha experiencia persoal e creceu en forma de ficción ata chegar a unha "fábula urbana", como el mesmo a describe, que ten lugar nun casting na cidadade de Ourense.

Emilio Bóveda presenta a súa novela este venres día 20, ás 19:30, no Espazo do Lector Nobel da cidade de Ourense.