Sanysec- Ourense Atletismo domina en casa
Oito medallas no galego absoluto de pista curta

Manuela Blanco gañou en pértega con 3.80 metros

Expourense acolleu un ano máis o Campionato Galego Absoluto de Pista Curta, onde o Sanysec – Ourense Atletismo acadou un total de oito medallas.
De ouro:
* Miguel Carbajales venceu na pértega cun mellor salto de 4.76, sacándolle máis de trinta centímetros ao segundo clasificado.
* Iria Solera venceu no salto de altura cunha altura de 1.70 metros. A atleta tivo algúns apuros no 1.66, superando esa altura á terceira tentativa, pero aínda puido coa seguinte altura da cadencia.
* Manuela Blanco gañou en pértega con 3.80 metros. Fixo un salto válido en 3.65, que xa lle bastaría para gañar o campionato, e o válido en 3.80. Os tres nulos realizounos sobre o 3.6
* Alba Martínez venceu no triplo salto con 12.09. A atleta só fixo un salto válido máis un ineficiente 10.62, pero sacoulle máis de 60 centímetros á segunda clasificada.
De prata:
* Irma Veiguela foi segunda nos 800 cun tempo de 2:14.98.
* Aitana Capeáns foi prata no lanzamento de peso con 12.55.
De bronce:
* Aroa Muñoz obtivo a medalla de bronce nos 400 parando o crono en 57.47.
* Rebeca Fernández foi a terceira clasificada en pértega con 3.20.
Sete das oito medallas foron en categoría feminina. Por sectores, cinco foron en saltos (dos que tres foron en pértega) e as outras tres repartíronse entre lanzamentos, mediofondo e velocidade.




