Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“A situación económica do concello de Camariñas é a mellor en seis anos, cumprimos as tres medidas fiscais da lei Montoro”

Sandra Insua defende a xestión económica municipal, destaca o avance de obras importantes, a necesidade dun parque empresarial e o beneficio do Camiño dos Faros

A alcaldesa de Camariñas pasou este mércores polo Pleno Aberto de Radio Nordés, Sandra Insua empezou facendo un balance moi positivo deste Entroido, “a alta asistencia e o impacto económico na hostalería local, antes de mediodía non había onde comer” dixo.

No ámbito das infraestruturas, Ínsua sinalou que o Concello ten en marcha, en licitación ou xa adxudicadas, obras por un importe próximo ao millón de euros”. Entre elas destacou Santa Mariña ou A Xunqueira, “A choiva está a provocar atrasos, pero as obras están en marcha”, explicou.

Especial relevancia ten a licitación do Museo dos Naufraxios, cun investimento próximo ao medio millón de euros. A alcaldesa asegurou que as obras comezarán en tres ou catro meses e executaranse por fases. “Será un antes e un despois para o centro da vila”, afirmou, ao tempo que recoñeceu as dificultades para manter abertos os museos polos límites de persoal.

En materia económica, defendeu o uso parcial do POS para gasto corrente. Segundo explicou, o Concello afronta custos moi elevados en servizos sociais, persoal, electricidade, saneamento e abastecemento. “Só os servizos sociais supoñen un millón de euros ao ano”, detallou.

Da situación financeira, a alcaldesa afirmou que Camariñas vive “o mellor momento económico dos últimos seis anos”. Indicou que hai remanente positivo, redución da débeda e cumprimento das regras fiscais. “Temos maioría para aprobar orzamentos, pero facémolo cando haxa datos reais”, concluíu.

Ínsua falou dos sectores económicos, en horas baixas a pesca e o marisqueo, a normalidade, logo dos últimos problemas, na conserveira. Pediu ao comercio local que se involucre máis para dinamizar a web municipal de venda online e asegurou que precisan un polígono empresarial.

A alcaldesa destacou a importancia que ten no turismo local o Camiño dos Faros e como o incremento de vivendas de uso turístico está dificultando cada vez máis o acceso á vivenda á veciñanza.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir