Igual que aqueles maravillosos anos
O Xadrez Ourense B xogará a cuarta xornada de Liga Galega ante Bouzas con idéntico sexteto ao que fai 25 anos militaba en División de Honra
Cuarta xornada de Liga Galega de Clubes
Cuarta xornada de Liga Galega de Clubes de Xadrez, na que terá lugar un acontecemento (tal vez sin precedentes noutras disciplinas deportivas) e símbolo de que o "deporte-ciencia" é dos que máis longa vida deportiva ofrecen aos seus practicantes (incluso a niveles medios-altos)
O Equipo de Club Xadrez Ourense "B" (categoría Preferente Galega), segunda máxima categoría tras a División de Honor, presentará (salvo contratempos) un sexteto de xogadores idéntico ao que fai 25 anos militaba en División de Honra. Para esta cita, xadrecistas con residencia en Madrid ou Andalucía, daranse cita en Ourense para celebrar esta xornada conmemorativa.
Desde ás 16:45 faranse unhas fotos de grupo no Local de Ramón Cabanillas 10, (entreplanta) e desde as 17.00 dará comenzo a xornada donde o equipo de Bouzas de Vigo, 2º na clasificación provisional, será a escuadra visitante.