Kentwan Smith baixa definitiva
O Cloud.gal Ourense Baloncesto e Kentwan Smith acordan a súa desvinculación

Kentwan Smith cauxa baixa definitiva no Cob

O Cloud.gal Ourense Baloncesto e o xogador Kentwan Smith comunicaron oficialmente que decidiron, de común acordo, dar por finalizada a relación contractual que os unía ata o remate da presente tempada.
Esta decisión, tomada de xeito consensuado e baixo un clima de total cordialidade, busca o mellor interese para ambas partes no que resta de campaña. Dende o primeiro momento, a sintonía entre o club e o xogador foi máxima á hora de buscar unha saída que satisfaga tanto as necesidades deportivas do equipo como as expectativas profesionais do xogador.




