Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O acceso á vivenda na Costa da Morte atravesa un momento crítico, a vivenda turística agrava a escaseza de aluguer de longa duración

O Deputados do BNG, PP e PSOE debateron no programa 'Vivindo a Costa da Morte' de Radio Nordés sobre o acceso á vivenda, a escaseza do aluguer e o impacto da vivenda turística na comarca

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tertulia Política (05/03/2026)

00:00:0025:07
Descargar

Os representantes dos tres grupos políticos coincidiron en que o acceso á vivenda na Costa da Morte atravesa un momento crítico. O deputado do BNG, Óscar Insua, advertiu de que o prezo medio da vivenda nova achégase xa aos dous mil euros o metro cadrado e denunciou a inacción da Xunta na comarca: "nos últimos dez anos entregáronse sete vivendas, cinco en Cee e dúas en A Laracha". Insua reclamou que os concellos ofrezan solo para construír vivenda pública e informou de que o BNG presentou mocións nese sentido en varios municipios da zona, con éxito en Carnota e rexeitamento do PSOE en Dumbría.

Pola súa banda, Patricia Iglesias, do PSdeG-PSOE, situou a vivenda como dereito constitucional e reclamou a aplicación da Lei de Vivenda estatal, que a Xunta non aplica. A socialista anunciou que o partido presentará en todos os concellos da comarca unha moción con cinco medidas concretas: mobilización de vivenda baleira, axudas ao aluguer accesible, rehabilitación e eficiencia enerxética, fomento da vivenda social e un plan de atracción de novos residentes. Iglesias subliñou que "os concellos están asfixiados e infrafinanciados pola Xunta" e que sen colaboración entre administracións non haberá solución real.

Rubén Lorenzo, do PP, defendeu o modelo da Xunta e citou un investimento de 350 millóns de euros en 2026, dos que 163 irán á construción de vivenda nova a través de Vipugal, empresa pública creada hai poucos meses. Lorenzo criticou ao Goberno central por ter só 67 vivendas dispoñibles a través da súa empresa pública, a prezos que "requiren máis de 1.300 euros netos ao mes para un estudo dunha habitación", e acusou ao Estado de bloquear os fondos de cofinanciamento que precisa a Xunta para avanzar na construción.

Os tres coincidiron en que a vivenda turística agrava a escaseza de aluguer de longa duración na comarca, con casos como Malpica, sinalado como un dos municipios de España con maior suba de prezos. Insua defendeu regular o número de vivendas turísticas mediante lexislación homoxénea para todos os concellos. Iglesias acusou á Xunta de ter creado "barra libre para as vivendas turísticas, sen comprobar nin sequera as licenzas municipais". Lorenzo recoñeceu a tensión existente pero advertiu de que o turismo non pode demonizarse, apostando por máis vivenda pública e por mobilizar o parque de vivendas baleiras como vía prioritaria. Mentres Óscar Insua incidiu na necesidade de que a Xunta regule de xeito homoxéneo e non o deixe na man dos concellos.

Tamén abordaron o problema de acceso á vivenda pode empeorar coas ampliacións dos parques empresariais previstos na zona que incrementará a demanda de pisos.

Os tres coincidiron en que, sen un plan de vivenda real e coordinado, fixar poboación na Costa da Morte seguirá sendo unha aspiración difícil de cumprir.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir