Especial sobre o 8M en La Ventana de Ourense
Sete mulleres ourensás falan de retos, preocupacións e avances en materia de igualdade
La Ventana de Ourense 09/03/2026
Aínda cos ecos das concentracións polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dedicamos esta edición especial de La Ventana de Ourense a falar de igualdade, do camiño percorrido e do que queda por per correr. Escoitamos as voces de sete mulleres ourensás, mulleres de diversas disciplinas e campos do coñecemento, mulleres que co seu traballo, coa súa forma de vida, e tamén coa palabra, reivindican máis igualdade, máis avances, e incluso alertan do risco de retroceso.
Falan Alma Gómez, docente da Escola Superior de Informática de Ourense; Toña Calvo, agricultora da Limia recoñecida como mellor produtora de pataca de España no 2025; Tamara Balboa, nova alcaldesa de Vilardevós; Bea Seijo, exxogadora do Ourense FSF e exadestradora; Fina Calleja, actriz e membro de Sarabela Teatro; Sara Casasnovas, actriz, directora e cantante; e Lara Beli, escritora.