Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"A ambulancia medicalizada na Costa da Morte é moi necesaria, pero é responsabilidade de todos ter un mellor servizo"

Juan Trillo, técnico de ambulancias e instructor de soporte vital básico, apunta ao uso irresponsable do servizo de emerxencias e á falta de formación en primeiros auxilios como problemas que agravan a situación das emerxencias na comarca

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Entrevista a Juan Trillo (10/03/2026)

00:00:0012:12
Descargar

No debate aberto sobre a necesidade dunha ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado na Costa da Morte, Juan Trillo, técnico de ambulancias con anos de experiencia e instructor de soporte vital básico e do DESA, pon matices sobre a mesa. Para Trillo, a ambulancia SVA é "moi necesaria" e sería "unha gran axuda" dada a dispersión xeográfica da comarca e as distancias aos hospitais. Con todo, advirte que non é a única solución.

O profesional sinala que o servizo de soporte vital básico "funcionaría moi ben se se fixese un uso adecuado". Denuncia que cada vez é máis frecuente o uso das ambulancias por comodidade e non por necesidade real: persoas que piden o recurso para achegarse a un centro de saúde por non ter coche, ou por molestias crónicas que non requiren atención urxente. "Se seguimos reclamando os recursos da maneira que se reclaman agora, nunca van ser suficientes, poñas cincuenta, poñas douscentos", afirma. Apunta que a sobrecarga do servizo tamén ten orixe na atención primaria, onde as consultas saturadas derivan cara ás ambulancias casos que poderían resolverse doutro xeito. Suma a esta mala praxe a política “ás veces demasiado defensiva” do centro de coordinación, onde ante calquera dúbida aplícase a a máxima de “enviar unha ambulancia por se acaso”.

Trillo insiste tamén na necesidade de formación en primeiros auxilios para a poboación en xeral. "A partir dos cinco minutos sen que ninguén faga absolutamente nada nunha persoa en parada cardíaca, a súa supervivencia é case nula", advirte. Considera que saber facer unha RCP ou utilizar un desfibrilador pode ser determinante para salvar unha vida. Defende que esta formación debería impartirse desde os colexios como unha materia máis.

Preguntado sobre o lugar máis axeitado para situar unha hipotética ambulancia medicalizada na Costa da Morte, Trillo apunta á zona de Baio como localización ideal. "Ten conexión directa coa autovía e en quince minutos podería estar no centro de Carballo e nos seus arredores, á mesma distancia case de Laxe, Malpica, Ponteceso e mesmo de Cee", explica. Un punto central que permitiría cubrir os extremos da área sanitaria en tempos similares.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir