Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Día do Pai en O Porriño: sorteos de tarxetas regalo e apoio ao comercio local

A campaña desenvolverase entre os días 12 e 22 de marzo

Hernandez.M.A

vigo

O comercio local do Porriño pon en marcha unha nova campaña depromoción con motivo do Día do Pai, unha iniciativa organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) co apoio do Concello do Porriño, que busca incentivar as compras nosestablecementos do municipio e seguir reforzando o comercio de proximidade.

A campaña desenvolverase entre os días 12 e 22 de marzo de 2026 e permitirá ás persoas consumidoras participar no sorteo de dúas tarxetas regalo MOREA por valor de 100 euros cada unha.

Sorteos de tarxetas regalo: cómo participar

Para participar será necesario realizar unha compra ou contratar un servizo nun dos establecementos adheridos durante o período da campaña e rexistrar o ticket correspondente na páxina web www.ccamorea.es, accedendo ao apartado “SORTEO”. Alí deberán cubrir os datos requiridos e subir unha fotografía do comprobante de compra.

Cada ticket rexistrado dará dereito a unha participación independente no sorteo, polo que cantas máis compras se realicen nos establecementos participantes, máis posibilidades haberá de resultar premiado. O sorteo celebrarase o mércores 25 de marzo ás 9:45 horas na sede de ACIPOR, mediante unha aplicación dixital que seleccionará de forma aleatoria dúas persoas gañadoras e dúas suplentes entre todas as participacións válidas.

Desde o Concello do Porriño destacan a importancia de apoiar este tipo de campañas que contribúen adinamizar a actividade comercial do municipio. Durante a presentación da iniciativa, o alcalde Alejandro Lorenzo sinalou que “é moi importante promover iniciativas que reforcen o comercio de proximidade e contribúan a dinamizar a economía local”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir