Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

En marcha a novena edición do foro “As mulleres que opinan son perigosas”

Participarán 14 mulleres profesionais do mundo da comunicación e opinión

A fin de semana preséntase en clave feminina en Pontevedra. Un ano mais, e xa van nove, volve ao Teatro Principal o foro “As mulleres que opinan son perigosas”, un evento que reivindícase como espazo pausado de análise con mulleres referentes no mundo da comunicación. As impulsoras e organizadoras, Diana López Varela e Susana Pedreira, xunto ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a concelleira de Igualdade Anabel Gulías, foron os encargados de inaugurar a nova edición.

O encontro reúne cada ano na cidade do Lérez a mulleres de todo o país que son referentes no xornalismo de opinión e na loita pola igualdade real entre mulleres e homes. Este ano celebrarase hoxe venres e mañá sábado en horario de mañá e tarde. “Coma esas grandes reportaxes que abren xornais e informativos, esta páxina da historia a estades a escribir en equipo, a moitas mans. Un equipo no que non caben pasos atrás. O titular sabémolo: A nosa meta, a igualdade. Ás Mulleres que opinan quédanlle moitas páxinas por escribir e a Deputación estará ao seu carón, como un apoio sólido e un aliado leal”, manifestou o presidente do ente provincial.

A xornada de hoxe abriuna as columnistas Alba Chaves e Dores Tembrás, gañadoras da terceira edición do premio #MulleresQueOpinan, que promove tamén a Deputación. A continuación tiveron lugar as primeiras conferencias a cargo da xornalista do Diario de Pontevedra, Alba Moledo. Pola tarde a quenda será de Fátima Frieiro, Rebeca Yanke, Carmela Ríos e Remedios Zafra. As conferencias do sábado estarán protagonizadas por Nieves Domínguez Amil, Isabel Coello, Sara morales, Eva Vázquez Lima, Ebbaba Hameida, Andrea Proenza e Helena Resano.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir