Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Mos e Redondela avanzan no deslinde do histórico Miliario de Santiaguiño de Antas

Os dous concellos acordaron encargar nun prazo de tres meses un estudo topográfico

Vigo

Os concellos de Mos e Redondela deron un novo paso para avanzar no proceso de deslinde territorial na contorna do Miliario de Santiaguiño de Antas, un elemento patrimonial de gran valor histórico situado no trazado da antiga Vía XIX romana.

A Comisión de Deslinde entre ambos municipios reuniuse este xoves para abordar a situación e acordou encargar unha delimitación topográfica da zona nun prazo aproximado de tres meses. Este documento servirá como base técnica para continuar traballando no proceso de delimitación do territorio.

Na reunión participaron, por parte do Concello de Mos, a alcaldesa Nidia Arévalo xunto cos concelleiros Leo Costas, responsable de Patrimonio, e Julia Loureiro, edil de Participación Cidadá e concelleira da parroquia de Guizán, ademais do concelleiro do BNG Alberto Barreiro e persoal técnico municipal.

Unha vez elaborado o estudo topográfico, representantes de ambos concellos e das comunidades de montes implicadas realizarán unha comprobación sobre o terreo para analizar os datos recollidos e continuar co proceso de negociación.

Durante a reunión, a alcaldesa de Mos destacou que o Concello manterá unha postura baseada no diálogo. “Dende o Concello de Mos sempre imos respectar os argumentos e a postura das comunidades de montes implicadas, que ao final son as propietarias dos terreos”, sinalou.

Un elemento histórico da Vía XIX romana

O Miliario de Santiaguiño de Antas, datado no século II d.C., foi erguido durante o mandato do emperador Traxano e formaba parte da Vía XIX, a cal conectaba Braga con Astorga pasando por Lugo. Ademais, atópase actualmente no trazado do Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

Trátase dun elemento patrimonial catalogado polo Concello de Mos, rexistrado no Inventario de Bens Municipais desde 1993 e incluído no Catálogo de Bens e Elementos a Protexer do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado en 2017.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir