Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“É necesario un modelo corrector que evite que o custo real dos servizos no rural recaia integramente sobre os veciños”

José Muíño, que estivo no Pleno Aberto de Radio Nordés, repasa as principais actuacións en marcha no concello e Cabana, defende mancomunar de servizos e alerta da falta de persoal que ameaza a atención no SAF

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pleno Aberto con José Muíño, alcalde de Cabana (18/03/2026)

00:00:0043:58
Descargar

O Concello de Cabana de Bergantiños ten en marcha obras que abranguen desde a recuperación do patrimonio ata novas infraestruturas de uso público. Entre as actuacións máis destacadas figura a Casa Museo Saturnino Cuiñas, a antiga reitoral de Cesullas, que abrirá as súas portas en abril. Tamén está a rematar o Centro de Interpretación na Capela de Sinde, estratexicamente situado preto do Paseo Marítimo de Cabana —5 quilómetros que conectan co Camiño dos Faros e a Vía Céltica—, ao que se sumará un miradoiro sobre o estuario do Anllóns financiado pola Deputación. Ademais, acaba de saír a licitación unha senda de quilómetro e medio en Nantón, con 420.000 euros de investimento, para dar acceso seguro aos usuarios da asociación Íntegro.

"Empezamos primeiro coas escolas unitarias e agora xa estamos intentando recuperar o patrimonio cabanés, que son antigas construcións en pedra, para que non se perdan porque van acabar caendo"

Muíño presume de que Cabana é un dos concellos con maior investimento por habitante da Costa da Morte. En 2023 foi o primeiro da comarca nese indicador; en 2024 o terceiro; e en 2025, con datos parciais, situábase de novo entre os dous primeiros. Con 4.100 habitantes, o concello move un orzamento de investimento que ronda os 400.000-700.000 euros anuais, aos que se suman fondos supramunicipais.

O alcalde non dubida en cuestionar o modelo administrativo actual. Considera que as deputacións, tal e como están concibidas, teñen os días contados como órganos independentes e defende avanzar cara á mancomunación de servizos entre concellos pequenos, sen que iso implique necesariamente a súa fusión. Pon como exemplo o punto limpo compartido entre Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe, ou a piscina municipal de Cabana, que dá servizo a usuarios de toda a comarca.

"As deputacións, para min, non teñen forma de existir, non deixan de ser un órgano recadador. Deberíamos ir a outro modelo de unión de concellos"

Un dos argumentos máis repetidos polo alcalde é a necesidade dun modelo corrector que evite que o custo real dos servizos no rural recaia integramente sobre os veciños. Muíño alerta de que o saneamento, a recollida de lixo ou os servizos sociais teñen un custo estruturalmente máis elevado nos concellos dispersos, e que trasladarllo á veciñanza —maioritariamente persoas maiores con pensións— aceleraría o despoboamento.

"Non podes trasladar aos veciños os custos dos servizos no medio rural. Sería unha barbaridade. Ao final diríxeste outra vez ao mesmo problema: perda de poboación"

En materia de servizos sociais, Cabana conta cun centro de día con 35 prazas, un servizo de axuda no fogar con numerosos usuarios e unha ampla rede de actividades nas parroquias que mobiliza entre 800 e 900 persoas —case todas mulleres— nun concello de 4.100 habitantes. Muíño reivindica o papel destas actividades como motor de socialización e loita contra a soidade no rural, e alerta de que a principal ameaza a curto prazo non é o orzamento, senón a falta de persoal para atender á poboación envellecida.

"Non tardará moito en que nos atopemos coa falta de man de obra para poder atender os usuarios. É un problema que se vai vir aí"

No apartado sanitario, o alcalde recoñece que o concello atravesou dificultades para cubrir prazas médicas, especialmente no verán, pero asegura que na actualidade o servizo está cuberto tanto no centro médico da Carballa como no consultorio de Nantón. Muíño sitúa a dificultade de atraer profesionais ao medio rural como outro síntoma da mesma enfermidade: a ausencia dun modelo que compense as desigualdades entre o rural e as grandes cidades.

"Hai unha dificultade terrible para atraer profesionais ao medio rural. Hai que ter medidas correctoras para que un profesional non elixa un hospital fronte a un concello pequeno"

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir