Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Oliver Laxe, Xoan Fórneas, Pepe Coira e '360 curvas': os lucenses trunfan nos primeiros Mestre Mateo celebrados na cidade

O auditorio Fuxan os Ventos acolleu unha gala na que a principal reivindicación foi a posta en valor da lingua galega no audiovisual

Foto de familia dos gañadores e gañadoras dos Mestre Mateo 2026, celebrados no auditorio Fuxan os Ventos, en Lugo.

Foto de familia dos gañadores e gañadoras dos Mestre Mateo 2026, celebrados no auditorio Fuxan os Ventos, en Lugo. / aigiboga

Foto de familia dos gañadores e gañadoras dos Mestre Mateo 2026, celebrados no auditorio Fuxan os Ventos, en Lugo.

Lugo

O auditorio Fuxan os Ventos de Lugo foi o escenario da festa máis importante do audiovisual galego, a entrega dos premios Mestre Mateo. Por primeira vez en vinte e catro anos, a cidade acolleu un evento do que saíron recoñecidos os lucenses Óliver Laxe, Xoán Fórneas, Pepe Coira, os impulsores do proxecto '360 curvas' e tamén os do programa de televisión 'Cos pés na Terra'.

Récord de 'Antes de nós' e mellor película para 'Sirat'

O título máis repetido ao longo da gala foi 'Antes de nós', que se fixo con trece premios, igualando a 'Dhogs', a cinta de Andrés Goteira que no 2017 rompera o récord como a máis galardoada. Entre as categorías nas que foi vencedora a cinta que retrata unha parte da biografía de Castelao están a de Mellor actor protagonista, que foi para o lucense Xoán Fórneas, e Mellor guión, que firma o rabadés Pepe Coira.

'Antes de nós' arrasou en número de premios, pero Mestre Mateo a Mellor película foi para 'Sirat', a cinta dirixida polo director de Navia de Suarna Oliver Laxe. Logo de percorrer os festivais internacionais de cine e recén chegado dos Óscars, Laxe asegurou ao subir ao escenario para recoller o galardón que recibir o recoñecemento da Academia Galega do Audiovisual era "o colofón perfecto". Foron precisamente dous lucenses os que entregaron o galardón: Luis Tosar e Margarita Ledo.

Dous Mestre Mateo para A Fonsagrada

Ademais do premio que recibiu Óliver Laxe, a Montaña luguesa sacou músculo audiovisual ao levar para A Fonsagrada dous galardóns. Por unha banda, o premio a Mellor documental foi para '360 curvas', dirixido por Alejandro Gándara e Ariadna Silva Fernández. A produción retrata As Movidas dos anos 90 fiándoas co abandono que o rural enfronta na actualidade: "A Fonsagrada vendida, pero non vencida!", reivindicou un dos protagonistas da cinta, Adrián Méndez, ao subir recoller o premio.

Por outra banda, 'Cos pés na terra', producido por Filmax (A Fonsagrada Producións) fíxose co premio a Mellor programa. O programa, que recibiu xa no 2015 o Mestre Mateo a Mellor realización, faise co galardón tras dúas nominaciós máis na mesma categoría, dezasete temporadas e máis de 200 episodios nos que se recollen as historias da xente que habita o rural galego.

"Ningún labrego, ningunha gandeira, ningún artesán sente, traballa e pensa igual a aldea", reivindicou o equipo. "Para nós é un orgullo facer entretemento amosando esta diversidade e facelo cun mecanismo sinxelo, pero oportuno, que é escoitar; e encantaríanos seguir escoitando o noso rural", remataron.

Noite de reivindicacións

Houbo varias cuestións que centraron as reivindicacións nos discursos dos gañadores e gañadoras, como o "non á guerra" e a defensa dos servizos públicos. Foi recorrente a defensa da presenza da lingua galega no audiovisual, na que incidiu Rosa Moledo, asesora lingüístca que recibiu o Premio de Honra.

Tamén o fixo con especial vehemencia Xoán Fórneas ao recoller o premio a Mellor actor protagonista por interpretar a Castelao, a quen citou na súa intervención. "É certo que o audiovisual galego está nun momento moi bo, pero non o está o cine galego en galego", alertou. "Temos que seguir a facer películas na nosa lingua porque senón somos nós mesmos os que calquera día imos desaparecer delas", advertiu.

Antía Montes

Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir